martes, 18 de abril de 2017

Recopilación Bolsas e axudas

0
Descrición
Convocatoria de axudas para alumnos que cursen estudos na modalidade de Ciencias, para participar nun Campus Científico durante 7 días no mes de xullo
O Programa Campus Científicos de Verán é unha iniciativa do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.
Estes Campus pretenden que os estudantes de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria e primeiro curso de Bacharelato teñan unha primeira experiencia de contacto co labor investigador a través da súa participación en proxectos de achegamento científico deseñados e dirixidos por profesores universitarios do máis alto nivel, en colaboración con profesores de ensino secundario.
Ata o 24 marzo as 15 horas.

Destinatarios
Estudantes de 4º ESO e 1º de Bacharelato na modalidade de Ciencias.
Estar a cursar no curso 2016/17 1º Bach. da modalidade de Ciencias o 4º ESO opción de ensinanzas Académicas coas materias troncais de "bioloxía e xeoloxía" e "física e química" ou na opción de ensinanzas Aplicadas cursando as materias troncais de "ciencias aplicadas á actividade profesional" e "tecnoloxía".
Requisitos
1. Estar a cursar, na modalidade de Ciencias, cuarto curso da ESO ou primeiro de Bacharelato.
2. Nacer con posterioridade ao 31 de decembro de 1999.
3. Non ser beneficiario en edicións anteriores desta convocatoria.
4. Obter unha nota media mínima de 8 no curso anterior.
5. Estar situado nunha orde de prelación, segundo a nota media, que permita a obtención da axuda.
Dotación
A axuda cobre os gastos de materiais, actividades complementarias, aloxamento, asistencia de monitores e manutención dos alumnos quen contarán, así mesmo, cun seguro que cubra as continxencias de accidente e responsabilidade civil durante o desenvolvemento dos Campus. Por outra banda, o beneficiario deberá desembolsar 80 euros en concepto de matriculación.
Máis Información
0

AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS CONVOCADAS POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

1. Sabes o que son axudasle? Tal e como dí o título, son estadías durante o verán que che permiten ter máis competencia lingüística en Inglés

2. Donde se desenvolven? Lévanse a cabo na nosa Comunidade Autónoma. A súa xestión e organización corresponde a empresas coa debida cualificación, contratadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

3. Quen pode beneficiarse destas axudas? Están destinadas ó alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, ou 1º e 2º de Bacharelato

4. Que requisitos hai que ter? 
  • Ter superadas todas as materias no curso 2015/16
  • Ter acadado no curso 2015/16 na materia de Lingua Ingles, unha cualificación mínima de  "6"
  • Non ter condedida outra axuda da mesma finalidade.
  • Estar en posesión do DNI ou NIE , tamén valería o pasaporte.
5. Canto tempo teño de prazo? Dende o 28 de Febreiro ata o 27 de Marzo ( incluído)

6. Como fago para cubrir a solicitude? Tes varias opcións:

  • Podes completar en liña o formulario electrónico premendo aquí, sempre e cando dispoñas dun certificado dixital por ter DNI eletrónico ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. Tamén podes acceder se estás rexistrado na Consellería de Educación e , polo tanto, tes un usuario e un contrasinal.
  • Imprimir os anexos I e II da convocatoria, cubrilos debidamente e achegar a certificación de matrícula do curso no que estamos, certificación académica da materias cursadas no curso 2015/16 e a nota media obtida, autorización do titor/a legal para cosultar os datos económicos na Axencia Tributaria e aquela outra documentación que se recolle na orde que regulan estas axudas. Para ampliar información consulta a guía de axuda anexada máis abaixo )
7. Cando se poden disfrutar destas estadías?  Dende a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2017

0

PRAZO: ata 4 de novembro

BOLSAS Amancio Ortega

Publicado: 07/10/2016 11:47 por iessalvaterraorientacion en BOLSAS E AXUDAS
0
A Fundación Amancio Ortega convoca unha nova edición das bolsas para estudar 1º Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos durante o curso 2017/18.
Convócanse un total de 500 becas dirixidas ao alumnado de 4º ESO que lle permitirán convivir cunha familia durante o curso escolar no país de destino. 80 son as bolsas destinadas a alumnado galego e o resto a estudantes doutras comunidades autónomas.
PRAZO: do 3 de outubro ao 15 de novembro

0
Compañeiras/os de Orienta Galicia traballando dun xeito colaborativo  nun grupo de traballo elaboraron este cadro informativo coa temporalización anual das bolsas e axudas máis reseñables de Galiza. Hai outras, por exemplo as axudas para alumnado con necesidades específicas que normalmente saen en setembro, etc. Grazas polo voso traballo.
ENERO
FEBRERO
MARZO
ABRIL
MAYO
JUNIO
Ayudas para estudios universitarios por causas sobrevenidas

JULIO
AGOSTO
SEPTIEMBRE
--

  • Ayudas para Máster
  • Ayudas para la realización de estudios universitarios en Galicia

  • OCTUBRE
    NOVIEMBRE
    DICIEMBRE
    --
    --
    --
    PERMANENTES o de PERÍDO EXTENSO DE SOLICITUD
    Ayudas para libros de texto. 
    Plazo extendido para alumnado matriculado después de la convocatoria oficial

    Vía: Equipo OrientaGalicia facendo uso de diversas fontes
    0
    Para alumnado de centros sostidos con fondos públicos de Galicia:
    •  1º, 2º, 3º o 4º de educación secundaria obligatoria
    •  1º e 2º de bachillerato.

    Número de prazas: 682

    Prazo de solicitude: do 29 de marzo ao 28 de abril

    Inclúen:

    a) Monitor@s que acompañarán ao alumnado
    b) Gastos de docencia e material escolar.
    c) Actividades culturais, deportivas e complementarias.
    d) Gastos de manutención e aloxamento.
    e) Certificado de realización da actividade.
    f) Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.


    0

    Fundación Amancio Ortega convoca 500 bolsas dirixidas a alumnado de 4º ESO para estudar primeiro curso de Bacharelato nun High School en Canadá ou Estados Unidos o vindeiro curso escolar 2016-2017. 

    O programa ten como obxectivo facilitar a aprendizaxe do inglés e a inmersión na cultura estranxeira. O alumnado seleccionado cursará o Grao 11 (nivel equivalente a 1º de Bacharelato).
    As bolsas se distribúen segundo se especifica:
    • 80 becas dirixidas a estudantes de centros de Galicia
    • 420 becas dirixidas a estudantes de centros do resto das Comunidades Autónomas 
    A bolsa cubre o 100% do custe do curso escolar en Canadá ou EEUU: viaxe, tasas de escolarización, convalidación de estudos, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, e o apoio continuado durante os dez meses de estanza.

    REQUISITOS:
    • Estudar actualmente 4º ESO nun centro educativo en España e ter pasaporte español.
    • Ter unha nota media igual ou superior a 7 puntos e unha nota en inglés igual ou superior a 8 en 3º ESO.
    • Non ter estudado un ano académico no estranxeiro con anterioridade (1º, 2º ou 3º ESO).
    PRAZO DE SOLICITUDE: Do 5/10/2015 ao 12/11/2015

    MÁIS INFORMACIÓN NA SEGUINTE LIGAZÓNhttps://becas.faortega.org

    Ningún comentario:

    Publicar un comentario