mércores, 31 de xaneiro de 2018

Videos de Orientación Profesional da UVIGO

Vos deixo esta selección de videos da Universidade de Vigo sobre as distintas opcións para estudar na mesma. 

Click na Imaxe

Avaliación bacharelato para acceso á Universidadade


Para aquelas persoas que prefiran non ler a Orde deixo este pequeno resumo:

Como novidades con respecto ao pasado curso, esta Orde introduce unha serie de cambios, como a modificación das datas da ABAU para que non interfiran co normal desenvolvemento do curso e para garantir que os resultados estean dispoñibles a tempo para que o alumnado poida realizar con normalidade os trámites de admisión á universidade.

Así, os exames realizaranse antes do día 15 de xuño e os seus resultados provisionais serán publicados antes do 29 dese mesmo mes.

En canto á convocatoria extraordinaria, as probas deberán finalizar antes do 13 de xullo se se celebran neste mes (os resultados estarán antes do 21 de xullo), ou antes do 15 de setembro se se opta por esta segunda opción (os resultados veranse antes do 22 de setembro).

Outra novidade é introducir, como garantía para o alumnado, a validez indefinida da superación da proba de acceso, incluída a realizada o curso pasado.

As cualificacións obtidas nas probas para mellorar a nota de admisión terán unha validez de dous cursos, tanto se se realizan ao finalizar este curso como as realizadas o curso pasado.

E para mellorar as cualificacións, posibilítase ao alumnado a presentación en sucesivas convocatorias a calquera das probas e se tomará en consideración a cualificación máis alta que se obtivo.



Fonte: Diario Sur

mércores, 24 de xaneiro de 2018

Título Bacharel para maiores de 20 anos

Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización

Xúntase a Resolución do 9 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para á súa realización.
  • O prazo de presentación das solicitudes será entre o      23 de febreiro e o 9 de marzo de 2018.
  • A proba realizarase o día 20 de abril de 2018 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Graduada/o en ESO para maiores de 18

Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de xuño e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización 2018

  • Os prazos de matrícula serán:
– Convocatoria de maio: 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 2 ao 9 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.

martes, 23 de xaneiro de 2018

Videos Ciclos de FP

Os seguintes 68 videos son de ciclos formativos de grao medio e superior (algún de FP Básica). Están colgados na plataforma "Descubre la FP"  e son explicados polo propio profesorado que neles imparte clase. 

Clicka na imaxe!