luns, 29 de maio de 2017

Buscador de titulacións universitarias

Vos deixo este buscador de titulacións universitarias do ministerio de educación onde aparece o tipo de universidade, a oferta de prazas, nota de corte, número de créditos e prezo dos mesmos. Paréceme unha ferramenta moi útil que xa utilizamos anos atrás.

Titoría 2º ESO. Ciberacoso

Orientacións Básicas 4º ESO

O seguinte DOCUMENTO dirixido ao alumnado, profesorado e, sobre todo, familias contén unha recopilación, medianamente organizada, daquelas orientacións académicas e profesionais básicas que debe ter en conta todo o alumnado que vai rematar 4º da ESO. É moi extenso (66 páxinas) pero contén a diversa información existente para a toma de decisións que influirán no futuro deste alumnado. Quero resaltar os dous últimos puntos que pode que sexan os menos coñecidos pola comunidade educativa salientando, tamén, que o alumnado que remata a ESO pode presentarse a algunhas oposicións das que fago un pequeno extracto.
1. Sistema educativo LOMCE
2. Opcións despois da ESO
3. A FP
4. A Proba de Acceso ao grao medio
5. Criterios de admisión en grao medio
6. Acceso ao Grao Superior
7. Oferta de FP por provincia e concello
8. Vinculación da modalidade de Bach. Cos Ciclos de grao superior
9. O bacharelato
10. A universidade
11. As ensinanzas de Réxime Especial
12.Oposicións ao rematar os estudos (garda civil, bombeiros, policía local)

luns, 22 de maio de 2017

Are U lost in the world like me?


Toma de decisións vocacionais


RESIDENCIAS

Vos deixo estes enlaces que penso vos serán de utilidade para atopar aloxamento para continuar en estudos superiores 

RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS:
Se desexas información sobre residencias universitarias debes consultar as web das distintas universidades do SUG (Sistema Universitario Galego), para informarte dos prazos e procedimentos para pedir praza. 
Aquí tes o listado de residencias privadas e centros propios das universidades galegas. 
Debes saber que as universidades teñen bolsas para aloxamento nas súas residencias e ademais dispoñen de bolsa de vivenda. 
Se abres o enlace de cada universidade podes ir directamente á información sobre as súas residencias propias e concertadas.


Centro Propios
Complexo Residencial O Castro (Campus Vigo)
Centros Concertados:
Residencia A Peregrina (Campus Pontevedra)
Complexo Residencial Alcai de Allariz (Campus Ourense)


Centros Propios:
Colexio Maior Fonseca (Campus Santiago)
Colexio Maior Rodriguez Cadarso (Campus Santiago)
Colexio Maior San Clemente (Campus Santiago)
Residencia Universitaria Burgo Das Nacións (Campus Santiago)
Residencia Universitaria Monte Da Condesa (Campus Santiago)
Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay (Campus Lugo)


Centro Propio:
Residencia Universitaria Pública de Ferrol (Campus de Ferrol)
Residencias de titularidade privada:
Listado de Residencias na UDC (Rialta xa non é concertada, senón de titularidade privada)

Titoría 3º ESO. Orientación Profesional

Sesión 15. Profesións e itinerario profesional
Páx.: (42-45)

FP réxime ordinario, grao profesional básico, grao medio e grao superior:

luns, 15 de maio de 2017

ABAU 2017

 
  • Establécese o calendario e a documentación para a matrícula.
  • Recóllense as diferentes casuísticas de alumnado que se pode presentar á proba, tanto se o ten que facer obrigatoriamente como de xeito voluntario. 
  • Publícanse as comisións delegadas e os lugares de realización da proba.
  • Publícanse os horarios dos exames, de xuño

PONDERACIÓNS parte específica ABAU para alumnado que titula neste curso 2016-17

Orientacións Básicas 2º ESO 2016-17

O seguinte DOCUMENTO dirixido ao alumnado de 2º ESO, profesorado e, sobre todo, familias contén unha recopilación medianamente organizada daquelas orientacións académicas básicas, xurdidas da LOMCE, que debemos ter en conta en 2º da ESO para os seguintes cursos:
  • Características da etapa da ESO
  • Finalidades da ESO
  • Titulo
  • Estructura de 3º e 4º de ESO
  • Promoción e titulación na ESO
  • Proba de avaliación final da ESO (reválida)
  • Consello orientador
  • Que pode facer o alumnado que non vai ben
  • Que podemos estudar despois da ESO
  • Que é a FP Básica
  • Acceso a FP mediante proba
  • A proba de acceso aos Ciclos de Grao Medio
  • Follas de matrícula para 3º ESO

Titoría 2º ESO. Ciberacoso

Vos deixo este ENLACE ao canal con moitos videos animados sobre ciberacoso elaborados por Pantallas Amigas. Este video é unha mostra para comezar co tema.
Mais información:

Titoría 4º ESO. orientación Profesional

SESIÓN 14. Paso 6º "Que se del Bachillerato I "
Páx.:(51-59)

Orientacións Básicas 1º ESO 2016-17

O seguinte DOCUMENTO vai dirixido ao alumnado de 1º ESO, profesorado e, sobre todo, familias. Foi pensado coma unha libreta ou caderno individual e contén unha recopilación, medianamente organizada, daquelas orientacións académicas básicas, moitas xurdidas da LOMCE, que debemos ter en conta en 1º da ESO. Pretendo que teñades unha visión global das opcións que tedes no eido educativo e que vexades como se está a re-ordenar, si é que podemos denominalo así, o sistema educativo. Algúns puntos deste caderno son:
  • Características da etapa da ESO
  • Finalidades da ESO
  • Titulo
  • Estructura de 2º, 3º e 4º de ESO
  • Promoción e titulación na ESO
  • Proba de avaliación final da ESO (reválida)
  • Consello orientador
  • Que pode facer o alumnado que non vai ben
  • Que podemos estudar despois da ESO
  • Que é a FP Básica
  • Acceso a FP mediante proba
  • A proba de acceso aos Ciclos de Grao Medio
  • Follas de matrícula para 2º ESO

Titoría 1º ESO. Uso-Abuso das tecnoloxías




martes, 9 de maio de 2017

Orientación Básicas 3º ESO 2016-17

O seguinte DOCUMENTO dirixido ao alumnado, profesorado e, sobre todo, familias contén unha recopilación, medianamente organizada, daquelas orientacións académicas e profesionais básicas que debe ter en conta todo o alumnado que vai rematar 3º da ESO. É moi extenso (70 páxinas) pero contén a diversa información existente para a toma de decisións que influirán no futuro deste alumnado. Quero resaltar os dous últimos puntos que pode que sexan os menos coñecidos pola comunidade educativa salientando, tamén, que o alumnado que remata a ESO pode presentarse a algunhas oposicións das que fago un pequeno extracto.
A avaliación final (reválida) que realizarán neste curso escolar 2016-17 o alumnado de 4º ESO NON TERÁ EFECTOS ACADÉMICOS. Non é necesario aprobala para onter o título de GES.
1. Sistema educativo LOMCE
2. Opcións despois da ESO
3. A FP
4. A Proba de Acceso ao grao medio
5. Criterios de admisión en grao medio
6. Acceso ao Grao Superior
7. Oferta de FP por provincia e concello
8. Vinculación da modalidade de Bach. Cos Ciclos de grao superior
9. O bacharelato
10. A universidade
11. As ensinanzas de Réxime Especial
12.Oposicións ao rematar os estudos: garda civil, bombeiros, policía local, policía nacional e institucións penitenciarias

Titoría 3º ESO. Orientación Profesional


Sesión 14. FP, Universidade e mundo laboral
Páx.: (38-41)
FP réxime ordinario, grao profesional básico, grao medio e grao superior:

xoves, 4 de maio de 2017

Oferta prazas universitarias 2017-18

CIUG ven de publicas este DOCUMENTO coa oferta de prazas por grao para o curso 2017-18.



As probas diagnósticas de 4º ESO

  • As avaliacións de 6º de Educación Primaria e de 4º de ESO serán os días 23 e 24 de maio e a de 3º de Primaria o 30 e 31 de maio.
  • As probas teñen unha finalidade estritamente de proporcionar á Administración unha información complementaria para o deseño de accións específicas cara un ensino de maior calidade.
  • Realizaranse no 15% dos centros de Primaria e de Secundaria para cuxa selección a Consellería segue un procedemento moi similar ao das probas PISA tanto en canto a metodoloxía como a tamaño da mostra
  • A mostra busca a máxima representatividade e equilibrio, para que os resultados podan extrapolarse ao conxunto da poboación escolar dos cursos avaliados
  • Os resultados obtidos non repercuten en ningún caso nas cualificacións obtidas polos alumnos no curso escolar nin contan para o expediente académico
Co fin de que os centros educativos poidan contar con información ao respecto, en tanto o Ministerio de Educación non publique a Orde que regula as avaliacións finais de Primaria e Secundaria, a  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, venlles de comunicar aos centros que forman parte da mostra, as datas de celebración destas avaliacións diagnósticas, que serán mostrais e non censais, tal como quedou acordado por unanimidade de todas as Comunidades Autónomas na Conferencia Sectorial de Educación celebrada en novembro en Madrid.
Deste xeito, as avaliacións de 6º de Educación Primaria e de 4º de ESO terán lugar os días 23 e 24 de maio, mentres que a proba diagnóstica de 3º de Primaria celebrarase o 30 e 31 de maio.
Cómpre subliñar que o resultado destas probas non ten ningunha repercusión no expediente académico dos alumnos; é dicir, que non inciden para nada nas cualificacións obtidas polos rapaces no curso escolar. A súa finalidade é estritamente diagnóstica, xa que os datos recompilados proporcionan á Administración unha información complementaria á hora de deseñar accións específicas na súa aposta por unha maior calidade no ensino.
Respecto á selección da mostra, a Consellería seguiu un procedemento moi similar ás probas PISA (para a cal tamén se extraen centros por países e CCAA), en canto a metodoloxía e tamaño da mostra. É dicir, aplicáronse rigorosos criterios técnicos (porcentaxe de públicos/privados, rural/urbano, tamaño dos centros) co fin de lograr a máxima representatividade e, deste xeito, que as extrapolacións dos datos obtidos permitan establecer conclusións certas.

Avaliación de 4º curso de ESO

Unha das principais novidades é que este curso 2016/17 é o primeiro no que se vai aplicar a avaliación de Secundaria, para os alumnos que están cursando 4º de ESO. Froito do acordo unánime a nivel de Comunidades Autónomas e Ministerio de Educación acadado na Conferencia Sectorial de Educación, esta proba aplicarase con carácter de mostra; é dicir, que non a van facer o cen por cen do alumnado deste curso, senón só nos centros seleccionados en base aos correspondentes criterios técnicos. No caso de Galicia, a mostra seleccionada representa aproximadamente un 15% dos centros que imparten 4º de ESO de toda Galicia (arredor de 70).
Cómpre lembrar que, atendendo á demanda feita desde Galicia polo departamento que dirixe Román Rodríguez, esta avaliación terá carácter exclusivamente diagnóstico e, polo tanto, non conta para o expediente do alumno nin para a súa promoción para a seguinte etapa educativa. A proposta, que foi apoiada polo resto das CCAA, foi convalidada polo Congreso dos Deputados e ratificada polo Goberno do Estado no Real Decreto-lei 5/2016, de 9 de decembro, de medidas urxentes para a ampliación do calendario de implantación da LOMCE mentres non entre en vigor a normativa que resulte do Pacto de Estado social e político, no que se está traballando. As competencias avaliadas serán a matemática, a lingüística (en galego, en castelán e en lingua estranxeira), e a competencia social e cívica.

Aplicación das probas

En todos os casos, as probas están baseadas e deseñadas segundo os estándares dos currículos correspondentes aos cursos nos que se aplican. É dicir, adaptadas ás franxas de idade dos alumnos aos que van dirixidos.
Coma nas anteriores edicións, a Consellería de Cultura e Educación encargarase de proporcionar aos centros o apoio necesario (tanto material como soporte informático) para poder realizar as probas. Deste xeito, disporanse cadernos (en formato papel) para cada unha das avaliacións e das competencias obxecto de avaliación, así como cuestionarios de contexto para profesores, dirección do centro, alumnado e as súas familias.
O contido das probas será elaborado por grupos de profesores que imparten docencia no nivel educativo que se avalía. Téñense en conta os estándares fixados polo Estado, así como o currículo propio da CCAA de Galicia.
De acordo co proxecto de Orde ministerial, os encargados da aplicación e corrección das probas será, preferentemente, profesorado funcionario do sistema educativo, externo ao centro no que se apliquen as probas; co apoio dos equipos directivos e o profesorado dos centros seleccionados, que participarán e colaborarán na realización da avaliación (en calquera caso, a Consellería publicará unhas instrucións na que se detallarán de xeito pormenorizado estas cuestións). No caso de 3º de Primaria, ao igual que nas edicións anteriores, as probas serán corrixidas por profesores/as do centro que non impartan clase nas materias relacionadas coas competencias obxecto da proba aos alumnos/as avaliados.