Amosando publicacións coa etiqueta Titoría para todas/os. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Titoría para todas/os. Amosar todas as publicacións

xoves, 15 de febreiro de 2018

Bolsas de linguas estranxeiras para ESO e Bacharelato

A compañeira Mónica Diz fixo este resumo das axudas convocadas para alumnado da ESO e Bacharelato para formarse en linguas estranxeiras.


A Consellería de Educación publicou a ORDE do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

REQUISITOS: 

  • Estar cursando 1º, 2º, 3º e 4º da educación secundaria obrigatoria,1º ou 2º de bacharelato en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2016/17, na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2016/17.
  • Ter acadado no curso 2016/17 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na materia de lingua inglesa.
  • Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2017/18, nun centro da Rede de centros plurilingües.
  • Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario,  recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.

CONCEPTOS FINANCIADOS 
  • No caso das actividades que se realicen no estranxeiro, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
  • Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
  • Os gastos de docencia e o material escolar.
  • As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
  • Os gastos de mantenza e aloxamento.
  • O certificado de realización da actividade.
  • O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
  • As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade (ver convocatoria no DOG).
DATAS: O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2018, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2018/19. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.
PRAZO E SOLICITUDE: Ata o 7 de marzo de 2018. A solicitude realízase en liña ou presencial. 

PRAZAS OFERTADAS E ACHEGAS DAS FAMILIAS:


ABAU 2018

Vos deixo este taboleiro da compañeira Lourdes Otero no que podedes consultar:

  • Parámetros de ponderación para o curso 2017/18
  • Calendarios  sobre a ABAU e acceso á universidade
  • Notas de corte e prazas que se ofertan en cada grao

Hecho con Padlet

Presentación ABAU 2018 da CIUG


venres, 9 de febreiro de 2018

Titoría 2º ESO. Programa de Orientación



Sesión 9. Resolución de Conflictos 1
Páx.: (39-41)

Probas Acceso Ciclos Formativos de FP

Convocadas probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018

Xúntase a Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018.
Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio:
  • O prazo de presentación estará abranguido entre os días 12 e 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos (teñan 17 anos ou os fagan no ano de realización da proba)
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior:
  • O prazo de presentación estará abranguido entre os días 8 e 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos (teñan 19 anos ou os fagan no ano de realización da proba)
Máis información:

mércores, 24 de xaneiro de 2018

Título Bacharel para maiores de 20 anos

Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización

Xúntase a Resolución do 9 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para á súa realización.
  • O prazo de presentación das solicitudes será entre o      23 de febreiro e o 9 de marzo de 2018.
  • A proba realizarase o día 20 de abril de 2018 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Graduada/o en ESO para maiores de 18

Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de xuño e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización 2018

  • Os prazos de matrícula serán:
– Convocatoria de maio: 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 2 ao 9 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.

martes, 23 de xaneiro de 2018

Videos Ciclos de FP

Os seguintes 68 videos son de ciclos formativos de grao medio e superior (algún de FP Básica). Están colgados na plataforma "Descubre la FP"  e son explicados polo propio profesorado que neles imparte clase. 

Clicka na imaxe!

xoves, 14 de decembro de 2017

Pre-Avaliación 1ª

Nesta Sesión 7, facemos a última reunión de coordinación de titoría desta primeira avaliación. As notas do primeiro trimestre xa están aquí! Hai tempo para mellorar e para reflexionar sobre o que fixemos nesta primeira parte do curso. Vos deixo esta breve GUÍA para que pensemos un chisco sobre como vai a cousa no curso.

Fonte: elorientablog

mércores, 29 de novembro de 2017

Becas Ano Escolar USA (15-18 anos)


Por medio do Blog da compañeira Monica Diz soubemos das Becas iEduex nas que está aberta a inscripción para o programa Año Académico en USA para alumnado de secundaria de 15 a 18 anos. 
Obxectivo: mellora da lingua inglesa.

Número de bolsas: 150 (entre 1500 e 3000 euros en función da nota media do expediente).

Requisitos: 
  • Estar estudando secundaria
  • Ter entre 15 e 18 anos
  • Expediente académico a partir de 5,5 no último curso escolar
  • Enviar solicitude no prazo (ATA 15 MAIO 2018) vía web 

MÁIS INFORMACIÓN:

Contacto


Vía Monica Diz Orienta