Amosando publicacións coa etiqueta Formación profesional Básica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Formación profesional Básica. Amosar todas as publicacións

venres, 9 de febreiro de 2018

Probas Acceso Ciclos Formativos de FP

Convocadas probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018

Xúntase a Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018.
Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio:
  • O prazo de presentación estará abranguido entre os días 12 e 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos (teñan 17 anos ou os fagan no ano de realización da proba)
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior:
  • O prazo de presentación estará abranguido entre os días 8 e 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos (teñan 19 anos ou os fagan no ano de realización da proba)
Máis información:

martes, 23 de xaneiro de 2018

Videos Ciclos de FP

Os seguintes 68 videos son de ciclos formativos de grao medio e superior (algún de FP Básica). Están colgados na plataforma "Descubre la FP"  e son explicados polo propio profesorado que neles imparte clase. 

Clicka na imaxe!

xoves, 14 de decembro de 2017

Pre-Avaliación 1ª

Nesta Sesión 7, facemos a última reunión de coordinación de titoría desta primeira avaliación. As notas do primeiro trimestre xa están aquí! Hai tempo para mellorar e para reflexionar sobre o que fixemos nesta primeira parte do curso. Vos deixo esta breve GUÍA para que pensemos un chisco sobre como vai a cousa no curso.

Fonte: elorientablog

xoves, 8 de xuño de 2017

FP Básica


A formación profesional básica forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Ordénase en ciclos formativos organizados en módulos profesionais  de duración variable.
Os ciclos formativos de formación profesional básica teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos. Na modalidade de FP dual ata 3 cursos.
Estas ensinanzas responden a un perfil profesional que inclúe ao menos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

luns, 5 de xuño de 2017

RD Titulación ESO e Bach.

Sen tempo non foi, o sábado 3 de xuño apareceu publicado no BOE o RD 526/2017 , de 2 de xuño, no que se regulan as condicions para a obtención dos títulos de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e de Bachillerato, de acordo co disposto no Real Decreto-ley 5/2016, de 9 de diciembre, de medidas urxentes para a ampliación do calendario de implantación da Lei Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para a mellora da calidade educativa.



O alumnado que cursa ESO (4º) poderá titular si: 
- Supera todas as materias. 
- Suspende un máximo de dúas, sempre que estas non sexan de forma  simultánea Lingua Castelá e Literatura ou Lingua Galega e    Literatura e Matemáticas . 
- As materias pendentes de diferentes cursos coa mesma  denominación se consideran materias distintas. 

- Sen perxuizo do anterior, para titular é preciso que o equipo docente considere que @ alumn@ ten acadado os obxectivos da etapa e as competencias correspondentes. 


Alumnado de FP Básica: o alumnado que obteña un título de Formación Profesional Básica poderá obtener o título de Graduado en ESO, siempre que, na avaliación final do ciclo formativo, o equipo docente considere que teñen acadado os obxectivos da ESO e adquirido as competencias correspondentes. 

Tamén quero resaltar o artigo 2, punto catro:

4. En el caso del alumnado que finalice la etapa después de haber cursado un programa de mejora del aprendizaje y el rendimiento, el cálculo de la calificación final se hará sin tener en cuenta las calificaciones obtenidas en materias que no hubiera superado antes de la fecha de su incorporación al programa, cuando dichas materias estuviesen incluidas en alguno de los ámbitos previstos en el artículo 19.3 del Real Decreto 1105/2014, de 26 de diciembre, por el que se establece el currículo básico de la Educación Secundaria Obligatoria y del Bachillerato, y el alumno o alumna hubiese superado dicho ámbito.

xoves, 20 de abril de 2017

Formación Profesional Básica

0
Perfís profesionais FP Básica, by lourdesotero

FP Básica

Publicado: 07/04/2016 10:35 por iessalvaterraorientacion en FP Básica
0
0
Artigo 10. Requisitos de acceso á oferta obrigatoria
Segundo o establecido no artigo 15 do Decreto 107/2014, para acceder á oferta obrigatoria é preciso que o alumno ou a alumna cumpran de forma simultánea os seguintes requisitos:
a) Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
c) Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica.
Cumprirá, ademais, o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais do alumno ou da alumna, para cursar estas ensinanzas.
Artigo 11. Procedemento para realizar a proposta de incorporación á oferta obrigatoria
1. Para realizar a proposta de incorporación dun alumno ou dunha alumna a un ciclo formativo de formación profesional básica seguirase o procedemento seguinte:
a) O equipo docente dos grupos da educación secundaria obrigatoria con alumnado que poida ser proposto para realizar ciclos formativos de formación profesional básica, xunto co xefe ou a xefa do Departamento de Orientación, realizarán unha reunión onde se analice a situación escolar do alumnado en risco de non alcanzar o título de graduado en educación secundaria obrigatoria. Nesta reunión establecerase unha relación de alumnado susceptible de se incorporar ás ensinanzas de formación profesional básica, que será asinada por todo o equipo docente e o xefe ou a xefa do departamento de orientación. Con carácter xeral, esta reunión coincidirá coa sesión de avaliación final ordinaria do mes de xuño ou, de ser o caso, coa sesión de avaliación das probas extraordinarias do mes de setembro.
b) Posteriormente, o titor ou a titora elaborarán para cada alumno ou alumna o consello orientador, segundo o modelo do anexo II, coa axuda do xefe ou a xefa do departamento de orientación, no cal se fará constar:
• O grao de logro dos obxectivos e de adquisición das competencias que xustifican a proposta.
• As dificultades de aprendizaxe presentadas.
• As medidas de atención á diversidade aplicadas, de ser o caso.
• Os motivos razoados polos que o equipo docente considera a conveniencia de que o alumno ou a alumna se integren nun ciclo formativo de formación profesional básica.
O consello orientador emitirase por duplicado e irá asinado polo titor ou a titora do alumno ou da alumna, en nome do equipo docente, o xefe ou a xefa do departamento de orientación e a persoa encargada da dirección do centro educativo.
c) A dirección do centro comunicaralles ao pai, á nai ou aos/ás titores/as legais do alumno ou da alumna que este/a foi proposto/a para un ciclo formativo de formación profesional básica, e entregará un exemplar do consello orientador e o documento no cal, de ser o caso, darán o consentimento para incorporar o alumno ou a alumna a estas ensinanzas (anexo III).
O Departamento de Orientación colaborará coa dirección do centro para informar o alumnado e as familias do alumnado proposto acerca das características xerais e das finalidades dos ciclos formativos da formación profesional básica.
d) O documento de consentimento deberá vir debidamente cuberto e asinado por calquera dos/as titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio destes, será necesaria a sinatura de ambos os proxenitores, agás nos supostos de alumnado afectado por situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. Nestes casos, será necesario presentar, xunto co documento, a resolución xudicial correspondente para que o centro educativo a cotexe.
De non entregar este documento no prazo que se estableza, entenderase que non dan o consentimento.
e) No caso de que o pai, a nai ou os/as titores/as legais do alumno ou da alumna dean o consentimento para o/a incorporar a estas ensinanzas, a dirección do centro educativo entregaralles por duplicado o documento de comunicación de incorporación á formación profesional básica segundo o modelo do anexo IV. Un dos exemplares deberá ser entregado no centro onde o alumno ou a alumna soliciten a súa admisión.
f) Un exemplar do consello orientador e, de ser o caso, do documento de consentimento incluiranse no expediente académico.
2. Utilizando o mesmo procedemento, o equipo docente poderá realizar a proposta de incorporación a un ciclo de formación profesional básica do alumnado escolarizado na educación secundaria obrigatoria con 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.

0

Click para ver o folleto Seguridade no taller de madeira
0
A finais de novembro de 2015 foi publicada esta disposición transitoria, co texto que tedes nest a entrada, no RD que regula as probas de avaliación final de 6º de primaria. 
20160211102041-fp-ba-sica.png

Vía Monica Diz orienta

FP Básica

Publicado: 18/09/2015 09:13 por iessalvaterraorientacion en FP Básica
0
0
FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA, by lourdesotero

Titoría Carpintaría

Publicado: 09/09/2014 11:29 por iessalvaterraorientacion en FP Básica
0
Guía Básica de Educación Emocional
0

FP Básica

Publicado: 01/09/2014 11:59 por iessalvaterraorientacion en FP Básica
0

Ciclo formativo de FP básica. Convocatoria curso 2014/2015

Carpintaría e Moble
Como xa algunha xente saberá, máis tarde que pronto, fai nada, soubemos que teríamos neste curso académico o Ciclo de FP Básica de Carpintaría e Moble no IES Salvaterra. 
Así, a nosa Consellería de Educación ven de publicar a Orde de 14 de agosto de 2014 pola que se regula o acceso e a admisión aos ciclos de formación profesional básica e se autoriza a súa oferta para o curso 2014/15.

Requisitos de acceso:
 
a) Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
c) Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica mediante o consello orientador.

É preciso, ademais, o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais do alumno ou da alumna, para cursar estas ensinanzas.

prazo de presentación da solicitude de admisión será o abranguido dende o día 1 de setembro ata as 13.00 horas do día 10 de setembro.
 
O alumnado que sexa admitido no ciclo solicitado deberá formalizar a súa matrícula desde o día 12 ata o día 19 de setembro.

solicitude pode descargarse en https://sede.xunta.es co código de procedemento ED522A.
Admisión: No caso de existir maior número de solicitudes que de postos escolares, asignaranse as prazas conforme os seguintes criterios de prioridade:
  1. Alumnado que teña cursado 2º ESO.
  2. Alumnado que teña cursado 3º ESO.
  3. Alumnado que teña cursado 4º ESO. 
Dentro de cada grupo, ordenarase de menor a maior idade.

Documentación:

  1. Solicitude de admisión e matrícula no centro no que pretenda ser admitido (Anexo I).
  2. Copia do DNI ou NIE.
  3. Comunicación de incorporación á formación profesional básica (Anexo IV).
  4. Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión para persoas con discapacidade.
Ciclos ofertados: Véxase o Anexo V da orde de convocatoria.