Vos deixo esta presentación recollida de Orienta Galicia sobre o novo Bacharelato LOMCE. É bastante aclaratoria en relación á diversidade de materias e opcións

Páxina para atopar, dun xeito moi rápido, as notas de corte en todas as universidades de España.
Fonte: Mónica Diz
Reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato. Curso 2015/2016
Publicado: 09/05/2016 09:16 por iessalvaterraorientacion en BACHARELATO
Publicación da Circular nº 2/2016 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do bacharelato establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2015/2016:
Reclamacións no centro. Prazos
- Convocatoria ordinaria: 24 e 25 de maio de 2016 (ata as 14.00 horas).
- Convocatoria extraordinaria: 5 e 6 de setembro de 2015 (ata as 14.00 horas).
Reclamacións ante a comisión de supervisión (Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo). Prazos
- Convocatoria ordinaria: antes das 14.00 horas do día 30 de maio de 2016.
- Convocatoria extraordinaria: antes das 18.00 horas do día 7 de setembro de 2016.
Recepción do expediente na comisión de supervisión. Prazos
- Convocatoria ordinaria: antes das 14.00 horas do día 31 de maio de 2016.
- Convocatoria extraordinaria: antes das 14.00 horas do día 8 de setembro de 2016.
Orientación profesional bacharelato
Publicado: 25/04/2016 10:34 por iessalvaterraorientacion en BACHARELATO
Monica Diz comparte o caderno de información académica para alumnos de bacharelato, actualizado en abril de 2016.
VERSIÓN CADERNO DIXITAL e tamén en PDF

Os anexos entregados co caderno que completan a información son os seguintes:
- Real Decreto que regula o acceso á universidade LOMCE.
- Real Decreto 2011 que regula a vinculación entre os títulos superiores de FP, ensinanzas artísticas e ensinanzas deportivas.
- Notas de corte 2015/2016 no S.U.G.
- Titulacións SUG 2015/2016
- Modalidades preferentes do Bacharelato para o acceso aos ciclos de grao superior.
Carreiras con + e - emprego 2014 (INE)
Publicado: 20/04/2016 09:55 por iessalvaterraorientacion en BACHARELATO
As maiores tasas de emprego en 2014 foron as das/os estudantes universitarios que fixeron Enxeñería en Electrónica (98%), Mediciña(97,7%), Enxeñería en Automática e Electrónica Industrial (96,2%), Enxeñería Aeronáutica (96,0%) e Enxeñería Naval e Oceánica (94,6%).
Pola contra, s/os tituladas/os con menor tasa de emprego estudaron Filoloxía Francesa (50,6%), Diplomatura en Navegación Marítima (50,8%), Licenciatura en Filoloxía Árabe (51,4%), Licenciatura en Historia da Arte (53,2%) e Licenciatura en Ciencias do Mar (54%).
A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) publicou o calendario xeral para as Probas de Acceso á Universidade (PAU) 2016.
Accede ao documento en PDF co calendario xeral da PAU 2016:
Ningún comentario:
Publicar un comentario