venres, 23 de febreiro de 2018
mércores, 21 de febreiro de 2018
luns, 19 de febreiro de 2018
xoves, 15 de febreiro de 2018
Bolsas de linguas estranxeiras para ESO e Bacharelato
A compañeira Mónica Diz fixo este resumo das axudas convocadas para alumnado da ESO e Bacharelato para formarse en linguas estranxeiras.
REQUISITOS:
CONCEPTOS FINANCIADOS
A Consellería de Educación publicou a ORDE do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.
REQUISITOS:
- Estar cursando 1º, 2º, 3º e 4º da educación secundaria obrigatoria,1º ou 2º de bacharelato en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2016/17, na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2016/17.
- Ter acadado no curso 2016/17 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na materia de lingua inglesa.
- Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2017/18, nun centro da Rede de centros plurilingües.
- Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
- Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.
CONCEPTOS FINANCIADOS
- No caso das actividades que se realicen no estranxeiro, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
- Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
- Os gastos de docencia e o material escolar.
- As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
- Os gastos de mantenza e aloxamento.
- O certificado de realización da actividade.
- O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
- As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade (ver convocatoria no DOG).
DATAS: O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2018, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2018/19. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.
PRAZO E SOLICITUDE: Ata o 7 de marzo de 2018. A solicitude realízase en liña ou presencial.
PRAZAS OFERTADAS E ACHEGAS DAS FAMILIAS:
Etiquetas:
Bacharelato,
Bolsas e axudas,
Familias,
Orientación Profesional,
Titoría 1º ESO,
Titoría 2º ESO,
Titoría 3º ESO,
Titoría 4º ESO,
Titoría Bacharelato,
Titoría para todas/os
ABAU 2018
Vos deixo este taboleiro da compañeira Lourdes Otero no que podedes consultar:
- Parámetros de ponderación para o curso 2017/18
- Calendarios sobre a ABAU e acceso á universidade
- Notas de corte e prazas que se ofertan en cada grao
venres, 9 de febreiro de 2018
Probas Acceso Ciclos Formativos de FP
Convocadas probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018
Xúntase a Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018.
Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio:
- O prazo de presentación estará abranguido entre os días 12 e 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos (teñan 17 anos ou os fagan no ano de realización da proba)
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior:
- O prazo de presentación estará abranguido entre os días 8 e 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos (teñan 19 anos ou os fagan no ano de realización da proba)
Máis información:
xoves, 8 de febreiro de 2018
mércores, 7 de febreiro de 2018
luns, 5 de febreiro de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)