Amosando publicacións coa etiqueta Centro Residencial Docente. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Centro Residencial Docente. Amosar todas as publicacións

martes, 13 de xuño de 2017

PRAZAS NO CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE

NOTA IMPORTANTE:
A documentación que hay que entregar está detallada no ANEXO I,  e no artigo 24 da convocatoria de prazas.
Para poder presentar a solicitude de praza na residencia previamente hay que ter formalizada a matrícula no I.E.S. correspondente.
O prazo remata 15 de xullo para alumnos de bacharelato
e o 8 agosto para alumnado matriculado en ciclos.

martes, 18 de abril de 2017

Recopilación CRD

0

Teléfono do CRD : 986262500 
 Prazo 
O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será: 
1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria (8 xuño)  e o 15 de xullo de 2016 (este incluído). 
2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria (8 xuñoe o 8 de agosto de 2016 (este incluído). 
Presentación de solicitude: forma, lugar e consecuencias 
1. As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro residencial docente, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es. 
2. Así mesmo, o dito formulario publícase como anexos I e II desta orde. 
3. A presentación da solicitude implicará respecto da persoa solicitante ou o seu representante legal: que acepta as bases da convocatoria e reúne os requisitos exixidos nela; que son certos todos os datos que constan na solicitude; e que reúne os requisitos necesarios para obter o título académico que indica. 

1
Convócanse prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2014/2015
Xúntase a Orde do 6 de xuño de 2014 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2014/15.
  • O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
a) Para os solicitantes matriculados en BAC, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 11 de xullo de 2014.
 
b) Para os solicitantes matriculados en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 18 de xullo de 2014.