mércores, 4 de outubro de 2017

TITORÍA 4º ESO. TÉCNICAS DE TRABALLO INTELECTUAL



Sesión 2. Técnicas de Traballo Intelectual
Presentación do método 2LSEMER
(Páx.: 1-6)
Sesión 1. Información Inicial alumnado, NOF, Delegada@s

BECAS AMANCIO ORTEGA


A Fundación Amancio Ortega convoca unha nova edición das bolsas para estudar 1º de bacharelato en Canadá ou en Estados Unidos durante o curso académico 2018/2019.
Convócanse un total de 500 bolsas dirixidas ao alumnado de 4º de ESO que lles permitirá convivir cunha familia durante o curso escolar no país de destino. 80 Desas bolsas están destinadas a estudantes galegos e o resto a estudantes doutras comunidades autónomas. 

QUE COBRE A BOLSA:

A bolsa cobre o 100% do custo do curso escolar en Canadá ou Estados Unidos: viaxe, taxa de escolarización, validación de estudos, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, e o apoio continuado durante o dez meses de estancia.

REQUISITOS
Estudar actualmente 4º de ESO nun centro educativo en España e ter pasaporte español.
Ter unha nota media mínima de 7,00 en 3º de ESO e de 8,00 en inglés.
Non gozar, como estudante estranxeiro, dunha experiencia académica igual ou superior a 6 meses nun país distinto da súa residencia habitual, durante ningún dos cursos equivalentes a 1º, 2º ou 3º de ESO, con independencia do país no que se estudou devandito curso.
Enviar o formulario en liña correctamente cumprimentado coa documentación esixida.

PRAZO: Do 2 de outubro ao 20 de novembro de 2017 ás 13´00h. 

SOLICITUDE: Entra na web e realiza a inscrición elixindo un só destino (Estados Unidos ou Canadá). Ligazón á inscrición.