Amosando publicacións coa etiqueta Titoría 3º ESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Titoría 3º ESO. Amosar todas as publicacións

xoves, 15 de febreiro de 2018

Bolsas de linguas estranxeiras para ESO e Bacharelato

A compañeira Mónica Diz fixo este resumo das axudas convocadas para alumnado da ESO e Bacharelato para formarse en linguas estranxeiras.


A Consellería de Educación publicou a ORDE do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

REQUISITOS: 

  • Estar cursando 1º, 2º, 3º e 4º da educación secundaria obrigatoria,1º ou 2º de bacharelato en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2016/17, na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2016/17.
  • Ter acadado no curso 2016/17 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na materia de lingua inglesa.
  • Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2017/18, nun centro da Rede de centros plurilingües.
  • Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario,  recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.

CONCEPTOS FINANCIADOS 
  • No caso das actividades que se realicen no estranxeiro, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
  • Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
  • Os gastos de docencia e o material escolar.
  • As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
  • Os gastos de mantenza e aloxamento.
  • O certificado de realización da actividade.
  • O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
  • As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade (ver convocatoria no DOG).
DATAS: O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2018, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2018/19. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.
PRAZO E SOLICITUDE: Ata o 7 de marzo de 2018. A solicitude realízase en liña ou presencial. 

PRAZAS OFERTADAS E ACHEGAS DAS FAMILIAS:


venres, 9 de febreiro de 2018

Probas Acceso Ciclos Formativos de FP

Convocadas probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018

Xúntase a Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018.
Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio:
  • O prazo de presentación estará abranguido entre os días 12 e 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos (teñan 17 anos ou os fagan no ano de realización da proba)
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior:
  • O prazo de presentación estará abranguido entre os días 8 e 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos (teñan 19 anos ou os fagan no ano de realización da proba)
Máis información:

xoves, 14 de decembro de 2017

Pre-Avaliación 1ª

Nesta Sesión 7, facemos a última reunión de coordinación de titoría desta primeira avaliación. As notas do primeiro trimestre xa están aquí! Hai tempo para mellorar e para reflexionar sobre o que fixemos nesta primeira parte do curso. Vos deixo esta breve GUÍA para que pensemos un chisco sobre como vai a cousa no curso.

Fonte: elorientablog

mércores, 29 de novembro de 2017

Becas Ano Escolar USA (15-18 anos)


Por medio do Blog da compañeira Monica Diz soubemos das Becas iEduex nas que está aberta a inscripción para o programa Año Académico en USA para alumnado de secundaria de 15 a 18 anos. 
Obxectivo: mellora da lingua inglesa.

Número de bolsas: 150 (entre 1500 e 3000 euros en función da nota media do expediente).

Requisitos: 
  • Estar estudando secundaria
  • Ter entre 15 e 18 anos
  • Expediente académico a partir de 5,5 no último curso escolar
  • Enviar solicitude no prazo (ATA 15 MAIO 2018) vía web 

MÁIS INFORMACIÓN:

Contacto


Vía Monica Diz Orienta

venres, 3 de novembro de 2017

Prevención suicidios

Dende o 10 de setembro, día Internacional da Prevención do Suicidio, está a funcionar o TELÉFONO DA ESPERANZA. Unha liña de teléfono móbil 717003717 para axudar e asesorar na prevención do suicidio.
A finais de 2017 o Instituto nacional de Estatística (INE) publicou as cifras sobre as causas de falecemento en España. 

  • O suicidio se mantén coma a primeira causa de morte con 3.602 falecementos anuais, 2680 homes e 922 mulleres. (Por accidente de tráfico 1880 e por violencia de xénero 57).
  • Isto é 10 mortes diarias por suicidio.
  • Causa sorpresa a excasa repercusión mediática das mortes por suicidio, que segue a ser o grande esquecido aínda que duplica en mortes ás do tráfico e multiplica por 60 as de violencia de xénero.
  • A OMS aconsella dende o ano 2002 dar visibilidade ao suicidio e falar con obxectividade do mesmo axuda a previlo.
  • Expertos no tema aseguran que moitos casos de suicidio son contabilizados coma accidentes e mortes naturais.



martes, 9 de maio de 2017

Orientación Básicas 3º ESO 2016-17

O seguinte DOCUMENTO dirixido ao alumnado, profesorado e, sobre todo, familias contén unha recopilación, medianamente organizada, daquelas orientacións académicas e profesionais básicas que debe ter en conta todo o alumnado que vai rematar 3º da ESO. É moi extenso (70 páxinas) pero contén a diversa información existente para a toma de decisións que influirán no futuro deste alumnado. Quero resaltar os dous últimos puntos que pode que sexan os menos coñecidos pola comunidade educativa salientando, tamén, que o alumnado que remata a ESO pode presentarse a algunhas oposicións das que fago un pequeno extracto.
A avaliación final (reválida) que realizarán neste curso escolar 2016-17 o alumnado de 4º ESO NON TERÁ EFECTOS ACADÉMICOS. Non é necesario aprobala para onter o título de GES.
1. Sistema educativo LOMCE
2. Opcións despois da ESO
3. A FP
4. A Proba de Acceso ao grao medio
5. Criterios de admisión en grao medio
6. Acceso ao Grao Superior
7. Oferta de FP por provincia e concello
8. Vinculación da modalidade de Bach. Cos Ciclos de grao superior
9. O bacharelato
10. A universidade
11. As ensinanzas de Réxime Especial
12.Oposicións ao rematar os estudos: garda civil, bombeiros, policía local, policía nacional e institucións penitenciarias

Titoría 3º ESO. Orientación Profesional


Sesión 14. FP, Universidade e mundo laboral
Páx.: (38-41)
FP réxime ordinario, grao profesional básico, grao medio e grao superior: