Amosando publicacións coa etiqueta Titoría 1º ESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Titoría 1º ESO. Amosar todas as publicacións

xoves, 15 de febreiro de 2018

Bolsas de linguas estranxeiras para ESO e Bacharelato

A compañeira Mónica Diz fixo este resumo das axudas convocadas para alumnado da ESO e Bacharelato para formarse en linguas estranxeiras.


A Consellería de Educación publicou a ORDE do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

REQUISITOS: 

  • Estar cursando 1º, 2º, 3º e 4º da educación secundaria obrigatoria,1º ou 2º de bacharelato en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2016/17, na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2016/17.
  • Ter acadado no curso 2016/17 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na materia de lingua inglesa.
  • Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2017/18, nun centro da Rede de centros plurilingües.
  • Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario,  recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.

CONCEPTOS FINANCIADOS 
  • No caso das actividades que se realicen no estranxeiro, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
  • Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
  • Os gastos de docencia e o material escolar.
  • As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
  • Os gastos de mantenza e aloxamento.
  • O certificado de realización da actividade.
  • O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
  • As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade (ver convocatoria no DOG).
DATAS: O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2018, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2018/19. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.
PRAZO E SOLICITUDE: Ata o 7 de marzo de 2018. A solicitude realízase en liña ou presencial. 

PRAZAS OFERTADAS E ACHEGAS DAS FAMILIAS:


xoves, 14 de decembro de 2017

Pre-Avaliación 1ª

Nesta Sesión 7, facemos a última reunión de coordinación de titoría desta primeira avaliación. As notas do primeiro trimestre xa están aquí! Hai tempo para mellorar e para reflexionar sobre o que fixemos nesta primeira parte do curso. Vos deixo esta breve GUÍA para que pensemos un chisco sobre como vai a cousa no curso.

Fonte: elorientablog

venres, 3 de novembro de 2017

Prevención suicidios

Dende o 10 de setembro, día Internacional da Prevención do Suicidio, está a funcionar o TELÉFONO DA ESPERANZA. Unha liña de teléfono móbil 717003717 para axudar e asesorar na prevención do suicidio.
A finais de 2017 o Instituto nacional de Estatística (INE) publicou as cifras sobre as causas de falecemento en España. 

  • O suicidio se mantén coma a primeira causa de morte con 3.602 falecementos anuais, 2680 homes e 922 mulleres. (Por accidente de tráfico 1880 e por violencia de xénero 57).
  • Isto é 10 mortes diarias por suicidio.
  • Causa sorpresa a excasa repercusión mediática das mortes por suicidio, que segue a ser o grande esquecido aínda que duplica en mortes ás do tráfico e multiplica por 60 as de violencia de xénero.
  • A OMS aconsella dende o ano 2002 dar visibilidade ao suicidio e falar con obxectividade do mesmo axuda a previlo.
  • Expertos no tema aseguran que moitos casos de suicidio son contabilizados coma accidentes e mortes naturais.



xoves, 5 de outubro de 2017

Titoría 1º ESO. Educación Emocional

Sesión 2. Programa de Educación Emocional
"Vamos a pensar en nosotros" Páx.: 7-15
Click na imaxe!
Sesión 1. Información Inicial alumnado, NOF, Delegada@s


martes, 6 de xuño de 2017

Titoría 1º ESO. Seguridade TICs

Se hai un sitio na internet onde podemos sentarnos cos nosos menores para ver vídeos que promoven as boas prácticas no uso das tecnoloxías, sen que se aburran, ese é a canle de YouTube de PantallasAmigas. PantallasAmigas é unha iniciativa que ten como misión a cidadanía dixital responsable na infancia e a adolescencia. Os seus vídeos son divertidos e didácticos e preveñen acerca dos perigos do sexting, o grooming, a sextorsión ou o ciberacoso. Tamén ofrecen consellos útiles para facer un bo uso do móbil e das redes sociais. 
Na canle de PantallasAmigas podemos atopar consellos para o bo uso dunha webcam ou para lograr unha ciberconvivencia positiva.
Atopade un rato para ver estes vídeos, se pode ser en familia tamén, para que os noso fill@s sexan conscientes dos riscos que corren polo uso dos medios tecnolóxicos.

luns, 15 de maio de 2017

Orientacións Básicas 1º ESO 2016-17

O seguinte DOCUMENTO vai dirixido ao alumnado de 1º ESO, profesorado e, sobre todo, familias. Foi pensado coma unha libreta ou caderno individual e contén unha recopilación, medianamente organizada, daquelas orientacións académicas básicas, moitas xurdidas da LOMCE, que debemos ter en conta en 1º da ESO. Pretendo que teñades unha visión global das opcións que tedes no eido educativo e que vexades como se está a re-ordenar, si é que podemos denominalo así, o sistema educativo. Algúns puntos deste caderno son:
  • Características da etapa da ESO
  • Finalidades da ESO
  • Titulo
  • Estructura de 2º, 3º e 4º de ESO
  • Promoción e titulación na ESO
  • Proba de avaliación final da ESO (reválida)
  • Consello orientador
  • Que pode facer o alumnado que non vai ben
  • Que podemos estudar despois da ESO
  • Que é a FP Básica
  • Acceso a FP mediante proba
  • A proba de acceso aos Ciclos de Grao Medio
  • Follas de matrícula para 2º ESO

Titoría 1º ESO. Uso-Abuso das tecnoloxías




martes, 18 de abril de 2017

Recopilación Titoría 1º ESO

0
Preavaliación 2ª

Páx. 65-68
0
Páx. 61-64

0
 Páx. 53-56

Páx. 57-60

Titoría 1º ESO

Publicado: 15/12/2016 09:34 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 1º ESO
0
0
SESIÓN 7. "Yo puedo cambiar mis pensamientos negativos"
Páx. (41-45)

0
Sesión 6. "¿Cómo me siento cuando hago ejercicio físico?"Páx.: 35-40
Sesión 5. "Todos cometemos errores" (Páx. 29-34)
CLICK na imaxe

0
Sesión 4. "El detective de los pensamientos"
(Páx. 23-28)

ACIs xefatura estudos

Acordo familias RE, PT, Ex. Fran, ACI
0

Sesión 3. "Los demás tb sienten y se emocionan"
Páx.: (17-22)

Ollo!! Delegadas/os

Titoría 1º ESO

Publicado: 13/09/2016 11:46 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA 1º ESO
0

Sesión 2. "Vamos a pensar en nosotros" Páx.: 7-15
CLICK na imaxe

Sesión 1. ACTIVIDADES DE ACOLLIDA