#ManuelMaría #LetrasGalegas2016
Publicado: 12/05/2016 09:49 por iessalvaterraorientacion en GROLIÑOS#ManuelMaría #LetrasGalegas2016
Publicado: 10/05/2016 09:59 por iessalvaterraorientacion en GROLIÑOS
"O galego que se marcha
dame mágoa e compasión.
¡Maldigo a esa inxusticia
que se se chama emigración!"
"Tropezou cunha pedra,
desas que teñen nome,
apelidos e, por suposto,
grande corazón"
"A creatividade simplemente consiste en conectar as cousas. Cando lle preguntas a persoas creativas como fixeron algo, se senten un pouco culpables porque, en realidade, non crearon nada, simplemente viron algo. Foilles obvio despois dun tempo. Iso é porque foron quen de conectar as experiencias que tiveran e sintetizáronas en formas novas"
Steve Jobs
“Umuntu, nigumuntu, nagamuntu”
Madiba (Nelson Mandela)
Esta frase zulú significa algo así como “unha persoa é persoa por causa dos demáis” Está na orixe da filosofía Ubuntu que Nelson Mandela contribuiu a extender polo mundo. Trátase dun xeito de ver a vida que enterra as súas raíces no máis fondo da cultura africana, en concreto das etnias xhosa (á que pertencía Madiba) e zulú, pero tamén é unha maneira de estar no mundo, un concepto tan amplo que é difícil pechar nunha soa definición. De calquera xeito, a frase de Madiba “Son porque nós somos” ten sido un bo intento de enmarcar ao Ubuntu.
"A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo"
Nelson Mandela
"The brave man is not he who does not feel afraid, but he who conquers that fear"
Nelson Mandela
Un home valente non é aquel que non sinte medo senón o que sabe vencelo
"The more we focus on tests, the more we kill creativity, ingenuity, and the ability to think differently."
"As matemáticas, vistas dunha maneira correcta, posúen non só verdade, senón beleza suprema - unha beleza fría e austera, sen os adornos magníficos da pintura ou a música"
Bertrand Russel


" O mundo non está ameazado por malas persoas, senón por aqueles que permiten a maldade ".
Albert Einstein
"Podemos saber exactamente canto medra a sabedoría
por canto diminúe o mal humor"
Friedrich Wiheilm Nietzche
"A política é a arte de buscar problemas, atopalos, facer un diagnóstico falso e aplicar despois os remedios errados"
Groucho Marx
" A intelixencia, sexa emocional ou de calquera outro tipo, ou é social ou non é intelixente"
Eduard Punset
"O problema da muller sempre ten sido un problema de homes"
Simone de Beauvoir
"Mexan sobre nós e temos que dicir que chove".
Castelao
"O verdadeiro heroísmo consiste en trocar os anceios en realidades, as ideias en feitos"
Castelao
"Fuxide sempre dos parvos. Non vos arrimedes a eles, poden roubarvos algo da vosa razón e transmitirvos a súa parvada"
Castelao
"O único que interfire coa miña aprendizaxe é a miña educación"
Albert Einstein (alumno fracasado na escola)
"Non te preocupes polas túas dificultades en matemáticas, asegúrote que as miñas son máis grandes".
Albert Einstein (alumno fracasado na escola)
"Non pretendamos que as cousas cambien si sempre facemos o mesmo"
Albert Einstein (alumno fracasado na escola)
"Se tes unha mazá e eu teño unha mazá e intercambiámolas entón ti e máis eu seguimos a ter unha mazá cada un. Pero se ti tes unha idea e eu teño unha idea e intercambiámolas, entón cada un de nós teremos dúas ideas"
Bernard Shaw
"En tempos de cambio, aqueles que estean abertos ao aprendizaxe apropiaranse do futuro, mentres que aqueles que cren sabelo todo estarán ben equipados para un mundo que xa non existe".
Eric Hoffer
"Moita xente pequena en moitos lugares pequenos farán cousas pequenas que transformaran o mundo"
Leo Buscaglia
"Ter coñecemento é saber o grao da propia ignorancia"
Anónimo
"Onde hai educación non hai distinción de clases"
Confucio
Preguntáronlle a un mestre de Sri Lanka que se cría que unha máquina (ordenador) podería substituír a un mestre e respondeu que todo aquel que puidese ser substituído por unha máquina, merecía selo.
Anónimo.
"Hai persoas tan intelixentes que aprenden da experiencia dos demais"
VOLTAIRE
"Se non sabes explicar algo de xeito sinxelo, é que non o entendes de todo".
"O valor dunha escola non o da a súa capacidade de ensinar, senón a de transmitir o disfrute de aprender".
Ningún comentario:
Publicar un comentario