xoves, 20 de abril de 2017

Formación Profesional Básica

0
Perfís profesionais FP Básica, by lourdesotero

FP Básica

Publicado: 07/04/2016 10:35 por iessalvaterraorientacion en FP Básica
0
0
Artigo 10. Requisitos de acceso á oferta obrigatoria
Segundo o establecido no artigo 15 do Decreto 107/2014, para acceder á oferta obrigatoria é preciso que o alumno ou a alumna cumpran de forma simultánea os seguintes requisitos:
a) Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
c) Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica.
Cumprirá, ademais, o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais do alumno ou da alumna, para cursar estas ensinanzas.
Artigo 11. Procedemento para realizar a proposta de incorporación á oferta obrigatoria
1. Para realizar a proposta de incorporación dun alumno ou dunha alumna a un ciclo formativo de formación profesional básica seguirase o procedemento seguinte:
a) O equipo docente dos grupos da educación secundaria obrigatoria con alumnado que poida ser proposto para realizar ciclos formativos de formación profesional básica, xunto co xefe ou a xefa do Departamento de Orientación, realizarán unha reunión onde se analice a situación escolar do alumnado en risco de non alcanzar o título de graduado en educación secundaria obrigatoria. Nesta reunión establecerase unha relación de alumnado susceptible de se incorporar ás ensinanzas de formación profesional básica, que será asinada por todo o equipo docente e o xefe ou a xefa do departamento de orientación. Con carácter xeral, esta reunión coincidirá coa sesión de avaliación final ordinaria do mes de xuño ou, de ser o caso, coa sesión de avaliación das probas extraordinarias do mes de setembro.
b) Posteriormente, o titor ou a titora elaborarán para cada alumno ou alumna o consello orientador, segundo o modelo do anexo II, coa axuda do xefe ou a xefa do departamento de orientación, no cal se fará constar:
• O grao de logro dos obxectivos e de adquisición das competencias que xustifican a proposta.
• As dificultades de aprendizaxe presentadas.
• As medidas de atención á diversidade aplicadas, de ser o caso.
• Os motivos razoados polos que o equipo docente considera a conveniencia de que o alumno ou a alumna se integren nun ciclo formativo de formación profesional básica.
O consello orientador emitirase por duplicado e irá asinado polo titor ou a titora do alumno ou da alumna, en nome do equipo docente, o xefe ou a xefa do departamento de orientación e a persoa encargada da dirección do centro educativo.
c) A dirección do centro comunicaralles ao pai, á nai ou aos/ás titores/as legais do alumno ou da alumna que este/a foi proposto/a para un ciclo formativo de formación profesional básica, e entregará un exemplar do consello orientador e o documento no cal, de ser o caso, darán o consentimento para incorporar o alumno ou a alumna a estas ensinanzas (anexo III).
O Departamento de Orientación colaborará coa dirección do centro para informar o alumnado e as familias do alumnado proposto acerca das características xerais e das finalidades dos ciclos formativos da formación profesional básica.
d) O documento de consentimento deberá vir debidamente cuberto e asinado por calquera dos/as titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio destes, será necesaria a sinatura de ambos os proxenitores, agás nos supostos de alumnado afectado por situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. Nestes casos, será necesario presentar, xunto co documento, a resolución xudicial correspondente para que o centro educativo a cotexe.
De non entregar este documento no prazo que se estableza, entenderase que non dan o consentimento.
e) No caso de que o pai, a nai ou os/as titores/as legais do alumno ou da alumna dean o consentimento para o/a incorporar a estas ensinanzas, a dirección do centro educativo entregaralles por duplicado o documento de comunicación de incorporación á formación profesional básica segundo o modelo do anexo IV. Un dos exemplares deberá ser entregado no centro onde o alumno ou a alumna soliciten a súa admisión.
f) Un exemplar do consello orientador e, de ser o caso, do documento de consentimento incluiranse no expediente académico.
2. Utilizando o mesmo procedemento, o equipo docente poderá realizar a proposta de incorporación a un ciclo de formación profesional básica do alumnado escolarizado na educación secundaria obrigatoria con 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.

0

Click para ver o folleto Seguridade no taller de madeira
0
A finais de novembro de 2015 foi publicada esta disposición transitoria, co texto que tedes nest a entrada, no RD que regula as probas de avaliación final de 6º de primaria. 
20160211102041-fp-ba-sica.png

Vía Monica Diz orienta

FP Básica

Publicado: 18/09/2015 09:13 por iessalvaterraorientacion en FP Básica
0
0
FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA, by lourdesotero

Titoría Carpintaría

Publicado: 09/09/2014 11:29 por iessalvaterraorientacion en FP Básica
0
Guía Básica de Educación Emocional
0

FP Básica

Publicado: 01/09/2014 11:59 por iessalvaterraorientacion en FP Básica
0

Ciclo formativo de FP básica. Convocatoria curso 2014/2015

Carpintaría e Moble
Como xa algunha xente saberá, máis tarde que pronto, fai nada, soubemos que teríamos neste curso académico o Ciclo de FP Básica de Carpintaría e Moble no IES Salvaterra. 
Así, a nosa Consellería de Educación ven de publicar a Orde de 14 de agosto de 2014 pola que se regula o acceso e a admisión aos ciclos de formación profesional básica e se autoriza a súa oferta para o curso 2014/15.

Requisitos de acceso:
 
a) Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
c) Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica mediante o consello orientador.

É preciso, ademais, o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais do alumno ou da alumna, para cursar estas ensinanzas.

prazo de presentación da solicitude de admisión será o abranguido dende o día 1 de setembro ata as 13.00 horas do día 10 de setembro.
 
O alumnado que sexa admitido no ciclo solicitado deberá formalizar a súa matrícula desde o día 12 ata o día 19 de setembro.

solicitude pode descargarse en https://sede.xunta.es co código de procedemento ED522A.
Admisión: No caso de existir maior número de solicitudes que de postos escolares, asignaranse as prazas conforme os seguintes criterios de prioridade:
  1. Alumnado que teña cursado 2º ESO.
  2. Alumnado que teña cursado 3º ESO.
  3. Alumnado que teña cursado 4º ESO. 
Dentro de cada grupo, ordenarase de menor a maior idade.

Documentación:

  1. Solicitude de admisión e matrícula no centro no que pretenda ser admitido (Anexo I).
  2. Copia do DNI ou NIE.
  3. Comunicación de incorporación á formación profesional básica (Anexo IV).
  4. Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión para persoas con discapacidade.
Ciclos ofertados: Véxase o Anexo V da orde de convocatoria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario