martes, 6 de xuño de 2017

Titoría 1º ESO. Seguridade TICs

Se hai un sitio na internet onde podemos sentarnos cos nosos menores para ver vídeos que promoven as boas prácticas no uso das tecnoloxías, sen que se aburran, ese é a canle de YouTube de PantallasAmigas. PantallasAmigas é unha iniciativa que ten como misión a cidadanía dixital responsable na infancia e a adolescencia. Os seus vídeos son divertidos e didácticos e preveñen acerca dos perigos do sexting, o grooming, a sextorsión ou o ciberacoso. Tamén ofrecen consellos útiles para facer un bo uso do móbil e das redes sociais. 
Na canle de PantallasAmigas podemos atopar consellos para o bo uso dunha webcam ou para lograr unha ciberconvivencia positiva.
Atopade un rato para ver estes vídeos, se pode ser en familia tamén, para que os noso fill@s sexan conscientes dos riscos que corren polo uso dos medios tecnolóxicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario