mércores, 31 de xaneiro de 2018

Avaliación bacharelato para acceso á Universidadade


Para aquelas persoas que prefiran non ler a Orde deixo este pequeno resumo:

Como novidades con respecto ao pasado curso, esta Orde introduce unha serie de cambios, como a modificación das datas da ABAU para que non interfiran co normal desenvolvemento do curso e para garantir que os resultados estean dispoñibles a tempo para que o alumnado poida realizar con normalidade os trámites de admisión á universidade.

Así, os exames realizaranse antes do día 15 de xuño e os seus resultados provisionais serán publicados antes do 29 dese mesmo mes.

En canto á convocatoria extraordinaria, as probas deberán finalizar antes do 13 de xullo se se celebran neste mes (os resultados estarán antes do 21 de xullo), ou antes do 15 de setembro se se opta por esta segunda opción (os resultados veranse antes do 22 de setembro).

Outra novidade é introducir, como garantía para o alumnado, a validez indefinida da superación da proba de acceso, incluída a realizada o curso pasado.

As cualificacións obtidas nas probas para mellorar a nota de admisión terán unha validez de dous cursos, tanto se se realizan ao finalizar este curso como as realizadas o curso pasado.

E para mellorar as cualificacións, posibilítase ao alumnado a presentación en sucesivas convocatorias a calquera das probas e se tomará en consideración a cualificación máis alta que se obtivo.



Fonte: Diario Sur

Ningún comentario:

Publicar un comentario