A Fundación Amancio Ortega convoca unha nova edición das bolsas para estudar 1º de bacharelato en Canadá ou en Estados Unidos durante o curso académico 2018/2019.
Convócanse un total de 500 bolsas dirixidas ao alumnado de 4º de ESO que lles permitirá convivir cunha familia durante o curso escolar no país de destino. 80 Desas bolsas están destinadas a estudantes galegos e o resto a estudantes doutras comunidades autónomas.
QUE COBRE A BOLSA:
A bolsa cobre o 100% do custo do curso escolar en Canadá ou Estados Unidos: viaxe, taxa de escolarización, validación de estudos, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, e o apoio continuado durante o dez meses de estancia.
REQUISITOS
Estudar actualmente 4º de ESO nun centro educativo en España e ter pasaporte español.
Ter unha nota media mínima de 7,00 en 3º de ESO e de 8,00 en inglés.
Non gozar, como estudante estranxeiro, dunha experiencia académica igual ou superior a 6 meses nun país distinto da súa residencia habitual, durante ningún dos cursos equivalentes a 1º, 2º ou 3º de ESO, con independencia do país no que se estudou devandito curso.
Enviar o formulario en liña correctamente cumprimentado coa documentación esixida.
PRAZO: Do 2 de outubro ao 20 de outubro de 2017 ás 13´00h.
SOLICITUDE: Entra na web e realiza a inscrición elixindo un só destino (Estados Unidos ou Canadá). Ligazón á inscrición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario