xoves, 20 de abril de 2017

0
Vos deixo este maravilloso enlace de Unicoos onde atoparedes mási de 700 videos das materias matemáticasfísicatecnoloxía e química.
Xa o dixen en varios grupos e tamén a compañeiras/os. Me fixo moita ilusión que algún alumno comentara que grazas a David Calle aprobou o pasado ano as matemáticas como afirma moitísimo alumnado entrevistado de todo o estado.David Calle, o profe "youtuber" acaba de ser nomeado entre os dez finalistas do "nobel" dos docentes do mundo Global Teacher Price 2017 que ten un premio de un millón de dolares. Xa no 2015 o seu portal Unicoos foi elexido por Google (Youtube) como o canal con maior impacto social de España... e con videos didácticos!!

Ánimo que podedes!!
0
Deixo este enlace á galería de fotos do galego Gabriel Tizón e a súa mirada deste anacronismo imperdoable que estamos a vivir que son os refuxiados no mundo.

0


CLIC na IMAXE !!
Do magnífico Blog Entre pasillos y aulas  tomamos prestado este material aproveitando que o 30 de xaneiro é o día escolar da non violencia e a paz. Adicaremos o tempo das titorías grupales a tratar o problema dos refuxiados cara a concienciar e sensibilizar sobre o dito, a paz e a non violencia, e facer chegar ao noso alumnado a situación de millóns de persoas que tiveron que abandoar a súa vida e os seus lugares de orixe pola violencia, a intolerancia e a fame. 
 OBXECTIVOS
- Coñecer o concepto de refuxiado e os acordos internacionais que obrigan aos estados a prestarlles axuda.
- Coñecer algunhas das organizacións internacionais que prestan axuda aos refuxiados, en concreto ACNUR.
- Sensibilizar sobre a situación dos refuxiados e a necesidade de prestarlles axuda.
- Desenvolver a empatía ante diferentes situacións de persoas refuxiadas.
ACTIVIDADES
Primeira sesión
1. Introdución do tema por parte do profesorado titor co apoio de dous vídeos (menos de 4 minutos).Diapositiva: Quen son os refuxiados? Comentario posterior sobre o contido dos vídeos para afianzar as ideas principais que neles se desenvolven.
2. Que é ACNUR? Ver o vídeo (6 minutos) no que se explica a orixe e as funcións do Alto Comisariado das Nacións Unidade para os Refuxiados. Comentario ao finalizar a proxección.Documentos de apoio: WikipediaACNUR España.
3. A historia de Hany (vídeo de 26 m.): Imos coñecer unha historia con final feliz dun refuxiado sirio cunha discapacidade visual e a súa familia. Comentario final sobre a situación no campo de refuxiados e os seus primeiros pasos en Canadá. Analizar os problemas que se presentan ante unha e outra situación.
Segunda sesión
4. Presta a túa voz aos refuxiados: Traballamos a empatía cos refuxiados. En primeiro lugar, contamos cunha ligazón a unha páxina dun diario con "Historias para entender a fuxida dos refuxiados" que nos vai servir para o desenvolvemento da segunda parte desta actividade.
4.1. Veremos dous vídeos (ao redor de 5 minutos) nos que actores famosos (Oliver Platt e Minnie Driver) poñen voz a dúas historias de refuxiados. Despois de velas e comentalas, expómoslles que realicen eles a mesma función.
4.2. Para iso, repartiremos diferentes historias para que en parellas adáptenas como na diapositiva que serve de exemplo. Unha vez que o fixeran, expoñerana en clase en primeira persoa. Dámoslles 10-15 minutos para a preparación e 15-20 minutos para as exposicións.
5. Calquera pode ser refuxiado. Esta actividade contén tres vídeos: un (35 segundos) sobre a ruptura das rutinas que supón a situación de refuxiado. Un segundo vídeo de "Save the Children" (4 minutos) sobre un hipotético conflito en Europa que conduce a unha nena e a súa familia para converterse en refuxiados. Terceiro vídeo (5 minutos), "Máis aló das fronteiras", que expón un experimento. Máis información aquí abaixo:
Look Beyond Borders - Mira máis aló das fronteiras (Experimento de 4 minutos).
Cando falamos do problema dos refuxiados, usamos unha linguaxe deshumanizada que reduce a traxedia humana a números e estatísticas. Pero este sufrimento atinxe a persoas reais, que, coma nós, teñen familias, seres queridos, amigos; As súas propias historias, soños, metas ... Só cando sentan fronte a unha persoa concreta e miran aos ollos, xa non ven a un refuxiado anónimo, un dos migrantes, e notan ao ser humano ante vostedes, sufrindo, soñando... Hai 20 anos, o psicólogo Arthur Aron descubriu que 4 minutos de mirarse aos ollos pode achegar á xente. Usando este descubrimento, decidimos levar a cabo un experimento simple, durante o cal os refuxiados e os europeos sentaron un fronte ao outro e miráronse aos ollos. O experimento realizouse en Berlín: a cidade, que, en primeiro lugar, é un símbolo da superación das divisións e, en segundo lugar, parece ser o centro da Europa contemporánea. Queriamos que a película creada sobre a base do experimento fóra tan simbólica como fose posible -e tocar as divisións xerais entre as persoas.Os participantes do experimento eran persoas comúns. As situacións non se organizaron; queríamos obter reaccións naturais e espontáneas. As persoas sentadas fronte a fronte non se coñecían entre si e víronse por primeira vez durante o experimento. O que é importante, os refuxiados procedían na súa maioría de Siria e non levaban en Europa máis dun ano. 
Por último, podedes facer este experimento co alumando. Realizamos un emparellamento ao azar do alumnado da clase e pedímoslles que durante 4 minutos se coloquen diante da persoa que lle tocou e tenten comprender e coñecer mellor a ese compañeiro ou compañeira.
6. Que poderíamos facer para axudar aos refuxiados? Para finalizar, expor unha posta en común coas ideas e propostas do alumnado. Recollelas nunha folla e expoñer no taboleiro de clase.

RECURSOS- Presentación en PPT con nove vídeos e outros documentos necesarios para a realización das actividades anteriores.

TEMPO- Dous/tres sesións de titoría.
0
Sesión 5. "Todos cometemos errores" 
(Páx. 29-34)

ACIs Xefatura
0

0
CLIC na imaxe
20151119110552-sin-titulo.jpg
0
Unha microtitoría é, simplemente, cando nos diriximos a unha alumna ou alumno durante un momento da sesión lectiva. Pode ter unha duración, as veces, inferior a un minuto pero realmente é unha atención persoalizada que o alumnado vai sentir coma moi importante. Estas microtitorías NUNCA deben ser para reprimir ou castigar. Ao contrario, son para nos "gañar" ao alumno/a, ou sexa, amosar interese pola súa persoa e pola súa vida en xeral (tamén fóra do centro). Funcionan moi ben cando existen conflictos no grupo.
Podemos achegarmos e cun sorriso decirlle algo agradable ou facerlle unha broma (seguro que non o esperan), preguntarlle por cousas que non teñan que ver co centro ou incluso darlle as grazas polo seu comportamento nesa sesión lectiva, dependerá de cada persoa. O máis importante e que o alumnado sinte, con esta achega, que lles adicamos TEMPO e algúns pensamos que a educación é iso, tempo! Que o alumnado sinta que estamos ao seu lado, que os acompañamos e que nos importa o que lles pase. E todo isto poden sentilo con menos dun minuto do noso tempo. Penso que paga a pena intentalo!
0
  1. Ensina ao teu alumnado a saudar
    Saúda ti (profe) e resposta sempre aos saúdos do alumnado
  2. Ensínalles a preocuparse polos demais
    Pregúntalles cada semán como se atopan, como lles foi e que lles pasou no finde (por exemplo os luns).
  3. Ensínalles a debatir e a escoitar aos demais
    Aposta sempre polo debate na clase, que escoiten outras opinións e defendan as súas (asertividade)
  4. Ensínalles a respectar as diferenzas
    Valora o traballo individual e tamén o do grupo cooperativo
  5. Ensínalles a buscar novas solucións
    A creatividade como eixo básico. Pens. crítico e diverxente.Non repetir ou copiar.
  6. Aposta sempre polo traballo en grupo (mellor cooperativo)
    As aprendizaxes se constrúen en grupo, abandoa a idea de que é individualmente
  7. Fai que as TIC estean sempre presentes na túa clase
    Grabadora de sons, tabletas, móbiles... son ferramentas das que podes obter grandes beneficios e son un medio moi importante.
  8. Ensínalles a autoxestionar os seus traballos
    Que saiban as fases de calquera proxecto ou traballo e o planifiquen eles/as mesmos/as. Axenda persoal.
  9. Fomenta a motivación por facer ben as cousas
    Busca tarefas que realmente motiven, a motivación é chave na aprendizaxe e, por suposto, no ensino.
  10. Leva a clase fóra da aula
    No patio, no monte, noutras aulas, na casa... tamén se pode aprender.
0
0
0
0




Vía Monica Diz Orienta

0



ONE MOMENT MEDITACIÓN
0

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

https://s3-eu-west-1.amazonaws.com/examtime-guides/Guia-del-Estudiante-2014-2015-ExamTime.pdf


Vía Silvina Paricio orienta

Titoría

Publicado: 23/04/2014 10:16 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA (todos os grupos)
0

Vía Crea y aprende con Laura

TITORÍA

Publicado: 19/06/2012 10:11 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA (todos os grupos)
0

TITORÍA

Publicado: 03/06/2012 17:56 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA (todos os grupos)
0

TITORÍA

Publicado: 23/05/2012 13:24 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA (todos os grupos)
0
0
PRAZO ATA 11 DE XUÑO

TITORÍA

Publicado: 22/05/2012 09:32 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA (todos os grupos)
0

TITORÍA

Publicado: 03/05/2012 16:42 por iessalvaterraorientacion en TITORÍA (todos os grupos)
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
Sesiones de tutoría sobre Cannabis, con fichas para el alumno.
0
Tutoría prevención adicciones, ALCOHOL. De Proyecto Hombre.
0
0
0
0

Ningún comentario:

Publicar un comentario