Reválidas ESO e Bacharelato LOMCE
Publicado: 07/10/2016 11:37 por iessalvaterraorientacion en FAMILIASBENVIDA a todas as familias ao IES Salvaterra de Miño
Publicado: 21/09/2016 17:47 por iessalvaterraorientacion en FAMILIAS
O seguinte DOCUMENTO dirixido ao alumnado, profesorado e, sobre todo, familias contén unha recopilación, medianamente organizada, daquelas orientacións académicas e profesionais básicas que debe ter en conta todo o alumnado que vai rematar 3º da ESO. É moi extenso (70 páxinas) pero contén a diversa información existente para a toma de decisións que influirán no futuro deste alumnado. Quero resaltar os dous últimos puntos que pode que sexan os menos coñecidos pola comunidade educativa salientando, tamén, que o alumnado que remata a ESO pode presentarse a algunhas oposicións das que fago un pequeno extracto.
A avaliación final (reválida) que realizarán o vindeiro curso escolar 2016-17 NON TERÁ EFECTOS ACADÉMICOS para o alumnado que remate 4º ESO.
1. Sistema educativo LOMCE
2. Opcións despois da ESO
3. A FP
4. A Proba de Acceso ao grao medio
5. Criterios de admisión en grao medio
6. Acceso ao Grao Superior
7. Oferta de FP por provincia e concello
8. Vinculación da modalidade de Bach. Cos Ciclos de grao superior
9. O bacharelato
10. A universidade
11. As ensinanzas de Réxime Especial
12.Oposicións ao rematar os estudos
Fonte: Mónica Diz
Orientacións Básicas 1º ESO 2016
Publicado: 26/05/2016 10:44 por iessalvaterraorientacion en FAMILIAS
O seguinte DOCUMENTO vai dirixido ao alumnado, profesorado e, sobre todo, familias. Foi pensado coma unha libreta ou caderno individual e contén unha recopilación, medianamente organizada, daquelas orientacións académicas básicas, moitas xurdidas da LOMCE, que debemos ter en conta en 1º da ESO. Pretendo que teñades unha visión global das opcións que tedes no eido educativo e que vexades como se está a re-ordenar, si é que podemos denominalo así, o sistema educativo. Algúns puntos deste caderno son:
- Características da etapa da ESO
- Finalidades da ESO
- Titulo
- Estructura de 2º, 3º e 4º de ESO
- Promoción e titulación na ESO
- Proba de avaliación final da ESO (reválida)
- Consello orientador
- Que pode facer o alumnado que non vai ben
- Que podemos estudar despois da ESO
- Que é a FP Básica
- Acceso a FP mediante proba
- A proba de acceso aos Ciclos de Grao Medio
- Follas de matrícula para 3º ESO
Fontes: Mónica Diz e outros
O seguinte DOCUMENTO dirixido ao alumnado, profesorado e, sobre todo, familias contén unha recopilación, medianamente organizada, daquelas orientacións académicas e profesionais básicas que debe ter en conta todo o alumnado que vai rematar 4º da ESO. É moi extenso (66 páxinas) pero contén a diversa información existente para a toma de decisións que influirán no futuro deste alumnado. Quero resaltar os dous últimos puntos que pode que sexan os menos coñecidos pola comunidade educativa salientando, tamén, que o alumnado que remata a ESO pode presentarse a algunhas oposicións das que fago un pequeno extracto.
1. Sistema educativo LOMCE
2. Opcións despois da ESO
3. A FP
4. A Proba de Acceso ao grao medio
5. Criterios de admisión en grao medio
6. Acceso ao Grao Superior
7. Oferta de FP por provincia e concello
8. Vinculación da modalidade de Bach. Cos Ciclos de grao superior
9. O bacharelato
10. A universidade
11. As ensinanzas de Réxime Especial
12.Oposicións ao rematar os estudos
Fonte: Mónica Diz
Orientacións Básicas 2º ESO 2016
Publicado: 20/05/2016 11:58 por iessalvaterraorientacion en FAMILIAS
O seguinte documento dirixido ao alumnado, profesorado e, sobre todo, familias contén unha recopilación medianamente organizada daquelas orientacións académicas básicas, xurdidas da LOMCE, que debemos ter en conta en 2º da ESO:
- Características da etapa da ESO
- Finalidades da ESO
- Titulo
- Estructura de 3º e 4º de ESO
- Promoción e titulación na ESO
- Proba de avaliación final da ESO (reválida)
- Consello orientador
- Que pode facer o alumnado que non vai ben
- Que podemos estudar despois da ESO
- Que é a FP Básica
- Acceso a FP mediante proba
- A proba de acceso aos Ciclos de Grao Medio
- Follas de matrícula para 3º ESO
Fontes: Mónica Diz e outros
Fondo solidario libros de texto
Publicado: 18/05/2016 10:34 por iessalvaterraorientacion en FAMILIAS
Obxecto da convocatoria
Esta orde ten por obxecto regular para o curso 2016/17 no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos:
a) A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP) e en 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria (en diante, ESO); cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2015/16.
b) A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, en 2º e 4º de ESO, e en educación especial (en diante, EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira desta orde.
c) A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).
Fonte: La botica del orientador
Acceso á Universidade maiores de 25 e 45 anos (2016)
Publicado: 20/01/2016 11:04 por iessalvaterraorientacion en FAMILIAS
A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) convoca probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos e probas de acceso para maiores de 45 anos.
Calendario de inscripción: Do 18 de xaneiro ao 12 de febreiro de 2016.
Proba maiores de 25 anos:
Persoas que cumpran ou cumpriran os 25 anos de idade ano natural no que se celebre a proba, que non posúan ningunha titulación académica (Bacharelato ou equivalente, Técnico Superior de Formación Profesional, etc.) e que non estean nalgunha das seguintes situacións:
- Ter superada a PAU tendo superado o Bachallerato ou o COU
- Estar en posesión dun título universitario de carácter oficial.
- Ter superado o COU con anterioridade ao curso 74/75.
- Ter superado o curso Preuniversitario e as Probas de Madurez.
- Estar en posesión de título de bacharelato conforme a plans de estudo anteriores a 1953.
- Ter superado calquera outros estudos que, por homologación ou equivalencia, outorguen acceso á Universidade (militares, eclesiásticos, etc.).
Requisitos proba maiores 45 anos:
Persoas maiores de 45 anos de idade que non posúan ningunha titulación académica que as habilite para accederen á universidade por outras vías.
Enlaces para acceder a toda a información na web da CIUG:
Proba maiores 25 anos
Proba maiores 45 anos
Trastornos alimentarios. Guía familias
Publicado: 09/11/2015 11:45 por iessalvaterraorientacion en FAMILIASSeparacións, divorcios e fillas/os
Publicado: 13/10/2015 09:36 por iessalvaterraorientacion en FAMILIAS- El divorcio y los hijos. Guía de uso para padres. Servicio de Psiqiatría infanto-juvenil. Departamento de Salud Mental del Servicio Murciano de Salud
- Guía para padres y madres en situación de separación y/o divorcio. Cómo actuar con los hijos e hijas. Programa Municipal de Mediación "DE COMÚN ACUERDO". Ayuntamiento de Vitoria
- Cuentos para entender el divorcio o separación de los padres
- Nos hemos separado… ¿y nuestros hij@s? Guía de actuación para progenitores. Gobierno de Aragón
- Cuando familia cambia. Guía para ayudar a nuestros hijos a una adaptación positiva ante procesos de separación y divorcio
- El divorcio de los padres y las consecuencias para los hijos. Guía infantil
- La explicación del divorcio a los hijos. Cómo explicar a los niños la separación de los padres. Es importante que los padres sepan diferenciar entre el rol de pareja y el papel de padre y/o madre. Guía infantil
- Reacción de los hijos al divorcio. Cuanto más pequeño sea el niño, más dificultades tendrá para entender la separación de sus padres
- Cómo explicar a los hijos el divorcio o la separación de sus padres. Faros, el portal de la salud para las familias
- Ayuda para las Familias Divorciadas. Nuestros niños
- El Divorcio Desde la Perspectiva de los Niños. Nuestros niños
- El Divorcio Según las Etapas del Desarrollo de los Niños. Nuestros niños
- El Divorcio y Nuestros Niños: ¿Qué hacer? ¿Qué evitar? Nuestros niños
- Ideas para Padres Divorciados. Nuestros niños
- El Impacto del Divorcio en Nuestros Niños Descargar pdf. Nuestros niños
- Las Madres y Los Padres Solteros. Nuestros niños
- Guia de Apoyo para Padres Divorciados. Aprender para Educar
- Hijos ante separación padres. Psicodiagnosis.es: Psicología Infantil y Juvenil
- Guía Práctica: Separación y Divorcio. Arag
- Ayudando a su hij@ durante le divorcio. Kids Health
- ¿Qué precauciones tomar con mis hijos si me divorcio? Guioteca
- Guía básica para un buen divorcio. Centro de Orientación Familiar de Málaga
- Decálogo del buen divorcio. Margarita Aguilera Reija. Mediación familiar
Guía para as familias (de primaria á ESO)
Publicado: 15/09/2015 11:47 por iessalvaterraorientacion en FAMILIASGUÍA para FAMILIAS sobre MARIHUANA
Publicado: 07/11/2014 10:23 por iessalvaterraorientacion en FAMILIAS
Nos últimos cursos estamos a ter distintos casos moi heteroxéneos de alumnado con moita ansiedade e fobia escolar. Familias e profesorado, as veces, non sabemos moi ben por onde tirar xa que non é doado actuar coherentemente. Vomitar cada día na clase, ter que marchar a primeira hora para a casa ou non querer vir ao instituto non é fácil de xestionar. O temor a vir ao instituto e a ansiedade das primeiras semanas son típicos e por iso dende orientación enviamos as familias do alumnado de 1º ESO o díptico “Da escola ao instituto”. A fobia escolar caracterízase por un manifesto rexeitamento á asistir ao instituto (ou escola) e implica un temor irracional, as veces por algunha situación particular. Está relacionada sempre co contexto escolar e feitos traumáticos que viviron ou cren que existen no IES (participación obrigatoria nalgunhas actividades, falar en público, respostar oralmente, rexeitamento dos/as compañeiros/as, rixidez do profesorado, etc.). Pode agravarse por reaccións verbais hostís por parte do profesorado ao non comprender os temores do alumnado ou por conflitos na familia ou entre pais e profesorado. Os síntomas inclúen, entre outros, dor abdominal, náuseas, vómito, aumento do ritmo cardíaco, diarrea, dor de cabeza, palidez, debilidade, etc. que aparecen pola mañá antes de ir á escola ou ao chegar e, polo xeral, desaparecen antes que terminen as clases e non aparecen nunca os fins de semana nin días festivos e non lectivos. As fobias son unha forma de medo que responde a estas características: son desproporcionadas á situación que desencadea a resposta de medo e están relacionadas con estímulos que non son obxectivamente perigosos, non poden ser eliminadas racionalmente porque están máis aló do control voluntario, teñen longa duración e interfiren considerablemente na vida cotiá do alumnado ou persoa que as sofre.
O alumnado con fobia escolar manifesta os seguintes tipos de respostas:
1. Néganse a asistir ao colexio e instituto.
2. Choran, gritan e patalexan ao levalos á escola ou deixalos no instituto.
3. Quéixanse de dores e enfermidades cando se achega o momento de ir á escola ou ao chegar ao IES, desaparecendo os síntomas se se lle permite quedar en casa.
4. Manifestan síntomas fisiolóxicos como rixidez muscular, sudoración excesiva na palma das mans, dor de cabeza e estomago, nauseas, vómitos, diarrea.
5. Anticipan consecuencias malas ou desfavorables.
6. Avalían negativamente as súas capacidades.
7. Chegan a planear escaparse do instituto.
Etc.
Orientacións para a intervención familiar
Se se fai cumprir a regra da asistencia diaria á escola, o problema da fobia escolar mellorará de xeito notable nunhas poucas semanas. En cambio, se non lle esiximos que asistan diariamente á escola, os síntomas físicos e o desexo de quedar na casa volveranse máis frecuentes. Canto máis tempo pasen na casa, tanto máis difícil resultaralle voltar á escola. Algún alumno pode estar tres cursos sen aparaecer polo IES. Así pois, está en xogo a vida social e a educación futura do/o neno/a. Cando o/a neno/a se alborota ao separarse da familia, a mellor estratexia é informarlle, calmadamente, que a familia regresará a recollelo ou agardará na casa a súa volta e que teñen que ir e quedar no instituto. Unha separación firme, rápida e con agarimo é o mellor, tanto para a familia como para o alumnado co problema de ansiedade.
1. Insistir en que teñen que ir ao instituto.
A mellor terapia da fobia escolar é ir diariamente á escola. Os temores supéranse enfrontándoos canto antes. A asistencia diaria á escola fará que case todos os síntomas físicos do/o neno/a melloren. Os síntomas volveranse menos intensos e presentaranse con menor frecuencia e, co tempo, este alumnado acabará estando ben no IES. Con todo, ao principio o/a neno/a porá a proba a determinación da familia (nai, pai, avoa, etc.) de envialo/a á escola todos os días. A familia deberá facer que a asistencia á escola sexa unha regra rigorosa, sen excepcións.
2. A familia debe ser particularmente firme as mañás dos días de clase.
Ao principio, as mañás poden ser difíciles. Nunca se lle debe preguntar ao/á neno/a como se sinte porque isto fará que xa se queixe. Se están suficientemente ben para estar a pé e andar dun lado a outro dentro da casa, están suficientemente ben para poder vir ao instituto. Se se queixa de síntomas físicos, pero son os que xa mostrou noutras ocasións, os de sempre, deberá ir a escola inmediatamente e sen discusión. No caso de que a familia non estea segura acerca da saúde do/a neno/a, deben envialo/a a escola de todos os xeitos xa que se os síntomas empeoran despois o centro llo vai comunicar á familia. Aínda que se lle faga un pouco tarde, o/a neno/a debe vir ao IES. Algunhas veces van chorar e berrar, queixándose e negándose absolutamente a ir á escola. Nese caso, despois de falarlle sobre os seus temores, débense levar ao instituto. Un dos pais podería ser mellor que o outro, ou non, en facer cumprir isto ou mesmo, nalgunhas ocasións, un parente pode encargarse do asunto durante uns días.
3. Coller cita para o médico a mesma mañá que quede na casa.
Se tiveran síntomas físicos novos ou parecen estar moi enfermos, é probable que a familia prefira quede en casa. Se teñen dúbidas, probablemente o seu médico pode determinar a causa da enfermidade. Se os síntomas son causados por unha enfermidade, pode iniciarse o tratamento apropiado. Se o síntoma é causado por ansiedade, o/a neno/a deberá voltar á escola inmediatamente.
A dor de garganta, tose moderada, secreción nasal e outros síntomas típicos do resfriado, pero sen febre, fan que poidan ir ao instituto. O alumnado non deben permanecer na casa por "parecer enfermos/as", "ter mal cor" ou "ter cara de estar cansos".
4. Solicitar a asistencia do persoal do instituto.
A familia debe informar ao profesorado ou dirección do instituto que, se os síntomas do/a neno/a aumentan, deixe que se relaxe de 5 a 15 minutos noutro lugar, en lugar de mandalo/a para casa. Se o/a neno/a ten algúns temores especiais, como falar na clase e outros parecidos, o profesorado, en xeral, o terá en conta e fará pequenas concesións especiais.
5. Falar co/a neno/a sobre o seu temor a ir a escola ou instituto.
Nalgún momento, que non sexa unha mañá de escola, falar co/a neno/a sobre os seus problemas, alentalo/a a dicir exactamente o que lle molesta, preguntarlle que é o peor que pensa que podería pasarlle na escola ou no camiño á escola. Se hai unha situación que poida cambiar, dicirlle que farán todo o posible por cambiala. Se lles preocupa que os síntomas poidan empeorar na escola, asegúrenlle que pode relaxarse uns minutos no instituto segundo o vaia a necesitar. Despois de escoitalo/a atentamente, deben dicirlle que entenden os seus sentimentos, pero que segue sendo necesario que asista á escola mentres mellora e que moi pronto non terá problema.
6. Axudar a pasar máis tempo con outros/as nenos/as da súa idade.
Fóra da escola e falando en xeral, os/as nenos/as con fobia escolar teñen tendencia, segundo comentan en moitas casas, a preferir estar coa súa familia, xogar dentro de casa, estar sós/as no seu cuarto, ver moita televisión, etc. Moitos/as non poden pasar unha noite en casa de amistades sen ter sentimentos de nostalxia e, as veces, ansiedade. É moi convinte que fagan deporte (polo xeral, prefiren os deportes que non son de contacto físico) ou algunha actividade extraescolar que lles guste como baile, danza, música e outras.
Espero, coma sempre, que esta nova entrada vos serva de axuda e grazas as familias, pero tamén ao profesorado pola súa preocupación e actuacións nestes, as veces, complexos casos ;-)))
Da escola ao IES (orientacións para familias)
Publicado: 11/09/2014 10:07 por iessalvaterraorientacion en FAMILIASComo actuar ante consumo de drogas
Publicado: 25/03/2014 12:31 por iessalvaterraorientacion en FAMILIAS
Guía para axudar aos adultos a falar da morte cos nenos
FAMILIAS: DA ESCOLA AO INSTITUTO
Publicado: 12/09/2013 11:45 por iessalvaterraorientacion en FAMILIASGUÍA DE REDES SOCIAIS PARA FAMILIAS
Publicado: 01/05/2013 13:13 por iessalvaterraorientacion en FAMILIASORIENTACIÓN EDUCATIVA E PROFESIONAL
Publicado: 04/02/2013 10:58 por iessalvaterraorientacion en FAMILIASALUMNDO EN RISCO DE NON PROMOCIÓN 2013
Publicado: 26/01/2013 20:57 por iessalvaterraorientacion en FAMILIAS
Diez formas de usar la red de forma segura y saludable on PhotoPeach
10 FORMAS SEGURAS DE USAR A REDE
EDUCAR EN FAMILIA
INTELIXENCIAS MÚLTIPLES, COMO RECOÑECELAS
Publicado: 19/09/2012 11:22 por iessalvaterraorientacion en FAMILIASCUALIFICACIÓN PROBA GRAO SUPERIOR
Publicado: 15/05/2012 10:02 por iessalvaterraorientacion en FAMILIASCONSELLOS PARA USO SEGURO DE INTERNET
Publicado: 30/04/2012 11:01 por iessalvaterraorientacion en FAMILIASCONSELLOS PARA FAMILIAS NO USO DE INTERNET
Publicado: 01/11/2011 08:55 por iessalvaterraorientacion en FAMILIASAXUDE AOS SEUS FILLOS A FACER FRONTE AO ESTRÉS
Publicado: 12/07/2011 18:52 por iessalvaterraorientacion en FAMILIASPOR QUE FACELO EN INTERNET SI NON O FAS NA TÚA VIDA COTIÁ?
Publicado: 06/06/2011 09:36 por iessalvaterraorientacion en FAMILIASGUÍA PARA ALUMNADO CON PROBLEMAS DE ATENCIÓN
Publicado: 01/06/2011 13:08 por iessalvaterraorientacion en FAMILIAS
AQUÍ TEDES A GUÍA
Ningún comentario:
Publicar un comentario