- Parámetros de ponderación para o curso 2017/18
- Calendarios sobre a ABAU e acceso á universidade
- Notas de corte e prazas que se ofertan en cada grao
Amosando publicacións coa etiqueta Universidade b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Universidade b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 15 de febreiro de 2018
ABAU 2018
Vos deixo este taboleiro da compañeira Lourdes Otero no que podedes consultar:
mércores, 31 de xaneiro de 2018
Videos de Orientación Profesional da UVIGO
Vos deixo esta selección de videos da Universidade de Vigo sobre as distintas opcións para estudar na mesma.
Click na Imaxe
Avaliación bacharelato para acceso á Universidadade
Para aquelas persoas que prefiran non ler a Orde deixo este pequeno resumo:
Como novidades con respecto ao pasado curso, esta Orde introduce unha serie de cambios, como a modificación das datas da ABAU para que non interfiran co normal desenvolvemento do curso e para garantir que os resultados estean dispoñibles a tempo para que o alumnado poida realizar con normalidade os trámites de admisión á universidade.
Así, os exames realizaranse antes do día 15 de xuño e os seus resultados provisionais serán publicados antes do 29 dese mesmo mes.
En canto á convocatoria extraordinaria, as probas deberán finalizar antes do 13 de xullo se se celebran neste mes (os resultados estarán antes do 21 de xullo), ou antes do 15 de setembro se se opta por esta segunda opción (os resultados veranse antes do 22 de setembro).
Outra novidade é introducir, como garantía para o alumnado, a validez indefinida da superación da proba de acceso, incluída a realizada o curso pasado.
As cualificacións obtidas nas probas para mellorar a nota de admisión terán unha validez de dous cursos, tanto se se realizan ao finalizar este curso como as realizadas o curso pasado.
E para mellorar as cualificacións, posibilítase ao alumnado a presentación en sucesivas convocatorias a calquera das probas e se tomará en consideración a cualificación máis alta que se obtivo.
Fonte: Diario Sur
mércores, 17 de xaneiro de 2018
luns, 18 de decembro de 2017
Universidade
Completísimo Portal para reflexionar sobre o acceso á Universidade e sobre os estudos universitarios (carreiras e mestrados).
Fonte: La Botica del orientador
mércores, 22 de novembro de 2017
ABAU 2018-19
Educación, CIUG e universidades acordan adiantar a convocatoria extraordinaria da proba de acceso á universidade ao mes de xullo para 2018-19
Para os que realicen a proba NESTE curso 2017/18, os exames celebraranse o 12, 13 e 14 de xuño e o 12, 13 e 14 de setembro.
Así mesmo, as universidades pasarán de ter oito prazos de matrícula para o ingreso de alumnos a seis. Ademais, traballarase para que as tres universidades do SUG – xa no curso 2018/19- comecen as clases na mesma data, que se fixará na segunda semana do mes de setembro.
Fonte: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
xoves, 16 de novembro de 2017
venres, 3 de novembro de 2017
Prevención suicidios
Dende o 10 de setembro, día Internacional da Prevención do Suicidio, está a funcionar o TELÉFONO DA ESPERANZA. Unha liña de teléfono móbil 717003717 para axudar e asesorar na prevención do suicidio.
A finais de 2017 o Instituto nacional de Estatística (INE) publicou as cifras sobre as causas de falecemento en España.
- O suicidio se mantén coma a primeira causa de morte con 3.602 falecementos anuais, 2680 homes e 922 mulleres. (Por accidente de tráfico 1880 e por violencia de xénero 57).
- Isto é 10 mortes diarias por suicidio.
- Causa sorpresa a excasa repercusión mediática das mortes por suicidio, que segue a ser o grande esquecido aínda que duplica en mortes ás do tráfico e multiplica por 60 as de violencia de xénero.
- A OMS aconsella dende o ano 2002 dar visibilidade ao suicidio e falar con obxectividade do mesmo axuda a previlo.
- Expertos no tema aseguran que moitos casos de suicidio son contabilizados coma accidentes e mortes naturais.
Etiquetas:
Bacharelato,
Convivencia,
Familias,
Titoría 1º ESO,
Titoría 2º ESO,
Titoría 3º ESO,
Titoría 4º ESO,
Titoría Bacharelato,
Titoría para todas/os,
Universidade
xoves, 2 de novembro de 2017
Notas de corte 2017-18
Notas de Corte 2017-2018
NOTA: A Nota de Corte correspóndese coa Nota de Acceso á Universidade d@ últim@ alumn@ matriculada/o
Novos Graos nas Universidades galegas período 2017-2021
NOVOS GRAOS
Por universidade, a USC ofertará o grao en Biotecnoloxía (campus de Santiago), o grao en Criminoloxía (Santiago), o grao en Paisaxe (interuniversitario entre a UDC e a USC; no campus de Lugo), o grao en Xestión do Patrimonio e Industrias Culturais (campus de Lugo), o grao en Emprendemento (campus de Lugo), o grao en Robótica Agroforestal (campus de Lugo) e o grao en Bioquímica Agroforestal (campus de Lugo).
No caso da UDC, introdúcense os seguintes novos títulos: grao en Paisaxe (UDC-USC; no campus da Coruña), grao en Xestión Industrial da Moda (campus de Ferrol), grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos (campus da Coruña), grao en Xestión da Información e da Documentación Dixital (campus de Ferrol), grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos (Coruña), e grao Dual en Enxeñaría Eléctrica (Ferrol).
No caso da UVigo, entran como novos o grao en Enxeñaría Biomédica no campus de Vigo, e o grao en Deseño e Creación, no campus de Pontevedra.
Títulos retirados da oferta
Por outro lado, na actualidade hai unha serie de graos que, sen cumprir cos requisitos de titulacións singulares, presentan de maneira reiterada unha moi baixa demanda estudantil. Na maioría dos casos, no curso no que se retira a oferta do 1º curso do título comeza a impartirse un novo cun perfil máis axeitado.
A súa retirada da oferta farase de xeito ordenado e programado. Os que se atopan nesta situación son, na USC, os graos en Enxeñaría en Xeomática e Topografía, en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, en Xestión de PEMES, e en Lingua e Literatura Españolas (grupo Lugo). No caso da UDC, retíranse da oferta os graos en Humanidades, en Información e Documentación, en Enxeñaría Eléctrica e en Ciencias Empresariais (este último, con demanda, pero retírase por organización interna da Universidade). Na Universidade de Vigo non se retira ningún grao.
mércores, 25 de outubro de 2017
xoves, 8 de xuño de 2017
Despois da ABAU: preinscripción e matrícula no SUG
Vos deixo esta presentación da compañeira Mónica Diz para aquel alumnado que despois de aprobar a ABAU (ánimo que todo pasa) quera estudar na Universidade galega. É importante que a familia saiba este proceso.
luns, 29 de maio de 2017
Buscador de titulacións universitarias
Vos deixo este buscador de titulacións universitarias do ministerio de educación onde aparece o tipo de universidade, a oferta de prazas, nota de corte, número de créditos e prezo dos mesmos. Paréceme unha ferramenta moi útil que xa utilizamos anos atrás.
luns, 22 de maio de 2017
RESIDENCIAS
Vos deixo estes enlaces que penso vos serán de utilidade para atopar aloxamento para continuar en estudos superiores
RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS:
- Buscador de Residencias en toda España
- Aloxamento Universidade de Santiago de Compostela
- Aloxamento Universidade de Vigo
- Aloxamiento Universidade da Coruña
Se desexas información sobre residencias universitarias debes consultar as web das distintas universidades do SUG (Sistema Universitario Galego), para informarte dos prazos e procedimentos para pedir praza.
Aquí tes o listado de residencias privadas e centros propios das universidades galegas.
Debes saber que as universidades teñen bolsas para aloxamento nas súas residencias e ademais dispoñen de bolsa de vivenda.
Se abres o enlace de cada universidade podes ir directamente á información sobre as súas residencias propias e concertadas.
Centro Propios
Complexo Residencial O Castro (Campus Vigo)
Centros Concertados:
Residencia A Peregrina (Campus Pontevedra)
Complexo Residencial Alcai de Allariz (Campus Ourense)
Centros Propios:
Colexio Maior Fonseca (Campus Santiago)
Colexio Maior Rodriguez Cadarso (Campus Santiago)
Colexio Maior San Clemente (Campus Santiago)
Residencia Universitaria Burgo Das Nacións (Campus Santiago)
Residencia Universitaria Monte Da Condesa (Campus Santiago)
Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay (Campus Lugo)
Centro Propio:
Residencia Universitaria Pública de Ferrol (Campus de Ferrol)
Residencias de titularidade privada:
Listado de Residencias na UDC (Rialta xa non é concertada, senón de titularidade privada)
Listado de Residencias na UDC (Rialta xa non é concertada, senón de titularidade privada)
RESIDENCIAS PARA TITULACIONS NON UNIVERSITARIAS EN GALIZA:
luns, 15 de maio de 2017
ABAU 2017
- Establécese o calendario e a documentación para a matrícula.
- Recóllense as diferentes casuísticas de alumnado que se pode presentar á proba, tanto se o ten que facer obrigatoriamente como de xeito voluntario.
- Publícanse as comisións delegadas e os lugares de realización da proba.
- Publícanse os horarios dos exames, de xuño
PONDERACIÓNS parte específica ABAU para alumnado que titula neste curso 2016-17
xoves, 4 de maio de 2017
martes, 18 de abril de 2017
Videos dos Graos da UVIGO
Vídeos titoriais para o acceso á universidade
O S.I.O.P.E. de Vigo (Sección de Información, Orientación e Promoción da/o Estudante) fai pouco que publicou unha recopilación de vídeos titoriais moi interesantes que vos poden axudar a respostar aquelas dúbidas que vos plantexades do aceso á universidade. Podedes botar un ollo a estas dúas coleccións de vídeos, os referidos aos graos concretos e aqueles que respostan ao acceso aos estudos universitarios.
- Como elegir titulación? Consejos generales y orientación.
- Como acceder desde BACHILLERATO?
- Información FP
- Que puedo estudiar en la universidad?
- Que es un crédito?
- Que son las notas de corte?
- Que son los parámetros de ponderación?
- Que es la preinscrición?
- Como funciona la preinscrición?
- Como cambiar de carrera?
- Como obtener una beca?
- Como calculo mi nota de admisión?
- Que son las atribuciones profesionales?
- Como se hace la matricula de la ABAU en NERTA?
- Como hacer la preinscrición en NERTA?
- Como hacer la matricula en la web Uvigo?
venres, 7 de abril de 2017
ABAU 2017
ABAU 2017 from Loudes Otero
Botarlle un ollo a esta presentación de Lourdes Otero sobre a avaliación do bacharelato para o acceso á universidade.
Botarlle un ollo a esta presentación de Lourdes Otero sobre a avaliación do bacharelato para o acceso á universidade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




