Amosando publicacións coa etiqueta Bacharelato. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bacharelato. Amosar todas as publicacións

xoves, 15 de febreiro de 2018

Bolsas de linguas estranxeiras para ESO e Bacharelato

A compañeira Mónica Diz fixo este resumo das axudas convocadas para alumnado da ESO e Bacharelato para formarse en linguas estranxeiras.


A Consellería de Educación publicou a ORDE do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

REQUISITOS: 

  • Estar cursando 1º, 2º, 3º e 4º da educación secundaria obrigatoria,1º ou 2º de bacharelato en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2016/17, na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2016/17.
  • Ter acadado no curso 2016/17 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na materia de lingua inglesa.
  • Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2017/18, nun centro da Rede de centros plurilingües.
  • Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario,  recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.

CONCEPTOS FINANCIADOS 
  • No caso das actividades que se realicen no estranxeiro, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
  • Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
  • Os gastos de docencia e o material escolar.
  • As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
  • Os gastos de mantenza e aloxamento.
  • O certificado de realización da actividade.
  • O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
  • As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade (ver convocatoria no DOG).
DATAS: O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2018, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2018/19. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.
PRAZO E SOLICITUDE: Ata o 7 de marzo de 2018. A solicitude realízase en liña ou presencial. 

PRAZAS OFERTADAS E ACHEGAS DAS FAMILIAS:


ABAU 2018

Vos deixo este taboleiro da compañeira Lourdes Otero no que podedes consultar:

  • Parámetros de ponderación para o curso 2017/18
  • Calendarios  sobre a ABAU e acceso á universidade
  • Notas de corte e prazas que se ofertan en cada grao

Hecho con Padlet

Presentación ABAU 2018 da CIUG


mércores, 31 de xaneiro de 2018

Videos de Orientación Profesional da UVIGO

Vos deixo esta selección de videos da Universidade de Vigo sobre as distintas opcións para estudar na mesma. 

Click na Imaxe

Avaliación bacharelato para acceso á Universidadade


Para aquelas persoas que prefiran non ler a Orde deixo este pequeno resumo:

Como novidades con respecto ao pasado curso, esta Orde introduce unha serie de cambios, como a modificación das datas da ABAU para que non interfiran co normal desenvolvemento do curso e para garantir que os resultados estean dispoñibles a tempo para que o alumnado poida realizar con normalidade os trámites de admisión á universidade.

Así, os exames realizaranse antes do día 15 de xuño e os seus resultados provisionais serán publicados antes do 29 dese mesmo mes.

En canto á convocatoria extraordinaria, as probas deberán finalizar antes do 13 de xullo se se celebran neste mes (os resultados estarán antes do 21 de xullo), ou antes do 15 de setembro se se opta por esta segunda opción (os resultados veranse antes do 22 de setembro).

Outra novidade é introducir, como garantía para o alumnado, a validez indefinida da superación da proba de acceso, incluída a realizada o curso pasado.

As cualificacións obtidas nas probas para mellorar a nota de admisión terán unha validez de dous cursos, tanto se se realizan ao finalizar este curso como as realizadas o curso pasado.

E para mellorar as cualificacións, posibilítase ao alumnado a presentación en sucesivas convocatorias a calquera das probas e se tomará en consideración a cualificación máis alta que se obtivo.



Fonte: Diario Sur

mércores, 24 de xaneiro de 2018

Título Bacharel para maiores de 20 anos

Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización

Xúntase a Resolución do 9 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para á súa realización.
  • O prazo de presentación das solicitudes será entre o      23 de febreiro e o 9 de marzo de 2018.
  • A proba realizarase o día 20 de abril de 2018 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Graduada/o en ESO para maiores de 18

Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de xuño e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización 2018

  • Os prazos de matrícula serán:
– Convocatoria de maio: 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 2 ao 9 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.

luns, 18 de decembro de 2017

Universidade

Completísimo Portal para reflexionar sobre o acceso á Universidade e sobre os estudos universitarios (carreiras e mestrados).

mércores, 22 de novembro de 2017

ABAU 2018-19

Educación, CIUG e universidades acordan adiantar a convocatoria extraordinaria da proba de acceso á universidade ao mes de xullo para 2018-19

Para os que realicen a proba NESTE curso 2017/18, os exames celebraranse o 12, 13 e 14 de xuño e o 12, 13 e 14 de setembro.

Así mesmo, as universidades pasarán de ter oito prazos de matrícula para o ingreso de alumnos a seis. Ademais, traballarase para que as tres universidades do SUG – xa no curso 2018/19- comecen as clases na mesma data, que se fixará na segunda semana do mes de setembro.


Fonte: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

venres, 3 de novembro de 2017

Prevención suicidios

Dende o 10 de setembro, día Internacional da Prevención do Suicidio, está a funcionar o TELÉFONO DA ESPERANZA. Unha liña de teléfono móbil 717003717 para axudar e asesorar na prevención do suicidio.
A finais de 2017 o Instituto nacional de Estatística (INE) publicou as cifras sobre as causas de falecemento en España. 

  • O suicidio se mantén coma a primeira causa de morte con 3.602 falecementos anuais, 2680 homes e 922 mulleres. (Por accidente de tráfico 1880 e por violencia de xénero 57).
  • Isto é 10 mortes diarias por suicidio.
  • Causa sorpresa a excasa repercusión mediática das mortes por suicidio, que segue a ser o grande esquecido aínda que duplica en mortes ás do tráfico e multiplica por 60 as de violencia de xénero.
  • A OMS aconsella dende o ano 2002 dar visibilidade ao suicidio e falar con obxectividade do mesmo axuda a previlo.
  • Expertos no tema aseguran que moitos casos de suicidio son contabilizados coma accidentes e mortes naturais.



xoves, 2 de novembro de 2017

Notas de corte 2017-18

Notas de Corte 2017-2018

NOTA: A Nota de Corte correspóndese coa Nota de Acceso á Universidade d@ últim@ alumn@ matriculada/o

Novos Graos nas Universidades galegas período 2017-2021

NOVOS GRAOS
Por universidade, a USC ofertará o grao en Biotecnoloxía (campus de Santiago), o grao en Criminoloxía (Santiago), o grao en Paisaxe (interuniversitario entre a UDC e a USC; no campus de Lugo), o grao en Xestión do Patrimonio e Industrias Culturais (campus de Lugo), o grao en Emprendemento (campus de Lugo), o grao en Robótica Agroforestal (campus de Lugo) e o grao en Bioquímica Agroforestal (campus de Lugo).
No caso da UDC, introdúcense os seguintes novos títulos: grao en Paisaxe (UDC-USC; no campus da Coruña), grao en Xestión Industrial da Moda (campus de Ferrol), grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos (campus da Coruña), grao en Xestión da Información e da Documentación Dixital (campus de Ferrol), grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos (Coruña), e grao Dual en Enxeñaría Eléctrica (Ferrol).
No caso da UVigo, entran como novos o grao en Enxeñaría Biomédica no campus de Vigo, e o grao en Deseño e Creación, no campus de Pontevedra.

Títulos retirados da oferta

Por outro lado, na actualidade hai unha serie de graos que, sen cumprir cos requisitos de titulacións singulares, presentan de maneira reiterada unha moi baixa demanda estudantil. Na maioría dos casos, no curso no que se retira a oferta do 1º curso do título comeza a impartirse un novo cun perfil máis axeitado.
A súa retirada da oferta farase de xeito ordenado e programado. Os que se atopan nesta situación son, na USC, os graos en Enxeñaría en Xeomática e Topografía, en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, en Xestión de PEMES, e en Lingua e Literatura Españolas (grupo Lugo). No caso da UDC, retíranse da oferta os graos en Humanidades, en Información e Documentación, en Enxeñaría Eléctrica e en Ciencias Empresariais (este último, con demanda, pero retírase por organización interna da Universidade). Na Universidade de Vigo non se retira ningún grao.

xoves, 8 de xuño de 2017

Despois da ABAU: preinscripción e matrícula no SUG

Vos deixo esta presentación da compañeira Mónica Diz para aquel alumnado que despois de aprobar a ABAU (ánimo que todo pasa) quera estudar na Universidade galega. É importante que a familia saiba este proceso.


luns, 29 de maio de 2017

Buscador de titulacións universitarias

Vos deixo este buscador de titulacións universitarias do ministerio de educación onde aparece o tipo de universidade, a oferta de prazas, nota de corte, número de créditos e prezo dos mesmos. Paréceme unha ferramenta moi útil que xa utilizamos anos atrás.